As nosas accións de prevención, no boletín Compartir

compartir

A Federación Española de Daño Cerebral (FEDACE) publicou o venres o boletín Compartir de marzo, no que as asociacións galegas de dano cerebral temos un especial protagonismo.

FEDACE cedeunos un espazo para expoñer as nosas accións de prevención, a través dun artigo titulado ‘O ictus, ou como eu podería ter dano cerebral adquirido’. O texto, publicado na sección ‘Nuestras asociaciones’, expón os factores de risco do ictus, aclarando que esta é a principal causa do dano cerebral, e apunta diferentes técnicas e cambios de hábitos para minimizar a súa ameaza.

A continuación exponse o traballo asociativo pola prevención. Fálase do traballo de sensibilización que realizan as asociacións a través de xornadas, mercadiños, postos informativos, etc. Cítase o vídeo da campaña ‘Eu podería ter DCA’, no que máis de vinte persoas e asociacións colaboran connosco para lanzar un só berro de prevención do dano cerebral. Explícanse os contidos do blog Envellecer con DCA, que destinamos especificamente á promoción de hábitos de vida saudábel de cara a un envellecemento activo no marco da discapacidade.

O texto péchase lembrando os síntomas de alarma do ictus e a importancia de reaccionar canto antes para minimizar as súas secuelas e evitar o dano cerebral.

Construíndo Futuro

O proxecto Construíndo Futuro, de Sarela, tamén ten un espazo no boletín. FEDACE recolle unha reportaxe na que se explica como o grupo de mozos e mozas con dano cerebral de Sarela realizan prácticas de vida independente e promoven a súa inclusión e participación no piso que a asociación de DCA de Compostela ten no barrio das Fontiñas.

Boletín Compartir

O boletín Compartir, que chega en marzo a o número 89, publica cada mes unha compilación da actualidade do movemento asociativo do dano cerebral adquirido, artigos, e as principais novidades para a discapacidade.

Neste número pódese ler, ademais do artigo de FEGADACE, un texto de Enrique Noé, director de investigación do Servizo de Dano Cerebral de Hospitales NISA, noticias sobre innovación na rehabilitación en ADACEN, ou as actividades de lecer de DACE-Sevilla ou ATECE–Bizkaia. Tamén hai unha axenda, noticias sobre a discapacidade, e o recordatorio de que se iniciou a campaña pola X Solidaria na declaración da renda.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s