Un congreso analizará os retos pendentes da Convención da ONU

xuntanza

Fotografía extraída de Wikimedia Commons con licenza CC BY-SA 3.0.

Información extraída de Servimedia.

Un congreso de ámbito nacional examinará a axenda lexislativa pendente tras seis anos de vixencia da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de Nacións Unidas, segundo informou o Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi).

O congreso celebrarase na cidade de Granada os días 8 e 9 de maio de 2014, no que será o evento de maior relevancia do ano dedicado ao tratado internacional da discapacidade e está organizado pola Fundación Dereito e Discapacidade, co apoio do Cermi.

Baixo o título “Dos dereitos aos feitos”, responsables políticos, expertos académicos, operadores xurídicos e activistas da discapacidade farán balance do despregue e aplicación da Convención da Discapacidade en España, e sinalarán os aspectos e materias aínda non desenvolvidas, e que integrarán a axenda lexislativa dos próximos anos.

O comité organizador do Congreso estará dirixido pola doutora Esperanza Alcaín, profesora de Dereito Civil da Universidade de Granada e patroa da Fundación Dereito e Discapacidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s