Mercado Solidario en Tui e Vigo

mercado-solidario

Os produtos elaborados nos obradoiros de artesanía de Alento están estes días expostos en Tui e Vigo a través de Mercado Solidario, unha iniciativa que reúne ás asociacións Aceesca, Avelaíña, Cogami, San Xerome, Juan María, e tamén Alento, na promoción dun espazo de encontro no que dar a coñecer o traballo que fan as persoas con discapacidade.

O Mercado Solidario leva instalado na Feira de Artesanía de Tui desde o día 24 e poderase visitar ata este domingo, 4 de maio. Está nunha carpa ubicada a carón dos Xulgados da vila e permanece aberto de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.

Na tarde de onte inaugurábase, en paralelo, outro Mercado Solidario no Centro Comercial de Travesía de Vigo. Este poderase visitar de 10:00 a 22:00 horas ata o sábado, 3 de maio.

Mercado Solidario leva a ambas feiras unha selección dos produtos elaborados nos obradoiros de todas as asociacións que o promoven, e que inclúe cerámica, bisutería, madeira, coiro, textís… Esta iniciativa serve para visibilizar o traballo das persoas con discapacidade e promover a súa inclusión social, ademais de contribuír a financiar as asociacións nas que participan.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s