A seguridade viaria en Convivir en Igualdade

convivir-en-igualdade

O coordinador de FEGADACE, Enrique Castro, foi entrevistado esta noite no programa da Radio Galega Convivir en Igualdade, onde falou sobre seguridade viaria e afirmou que os accidentes de tráfico son “un problema de saúde pública”. A conversa respondeu ao interese suscitado pola comparecencia da Federación, este luns, na Comisión non permanente de Seguridade Viaria do Parlamento de Galicia.

Enrique Castro respondeu ás dúbidas sobre incidencia dos accidentes de tráfico como causa do dano cerebral, explicou como se responde ás necesidades das persoas que os sufriron e nas que permanecen secuelas, e estivo de acordo coa presentadora do programa, Clara de Sáa, en que “a educación viaria é a asignatura pendente” para evitar a sinistralidade.

Durante a entrevista detalláronse as demandas do colectivo de familias e persoas con dano cerebral adquirido, que pasan pola obrigatoriedade do uso do casco ou a redución das velocidades máximas, así como por melloras no mantemento da rede viaria -en situación de abandono por causa das políticas de austeridade-, especialmente no rural.

Tamén se apuntou aos colectivos prioritarios como obxectivo de campañas de prevención, aos que urxe concienciar: maiores, xente nova e ciclistas.

A entrevista completa pódese oír pinchando aquí: Convivir en Igualdade (introdución do minuto 03:04 ao 03:40 e entrevista do 26:44 ao 40:02).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s