II Encontro de Xuntas Directivas de FEGADACE

Foto de familia ao final do encontro.

Foto de familia ao final do encontro.

A Federación Galega de Dano Cerebral celebrou o sábado 26 de abril o seu II Encontro de Xuntas Directivas. Na xuntanza víronse as caras os membros das xuntas directivas das cinco asociacións galegas de dano cerebral, compartiron experiencias, coñecéronse algo mellor, e continuaron formándose para exercer máis e mellor a representación de cadanseu colectivo, e do dano cerebral en xeral. Asistiron 28 persoas representantes do movemento asociativo do dano cerebral en Galicia.

O Encontro, que se celebrou no Auditorio de Galicia (en Santiago), está concibido para a rendición de contas do traballo realizado na Federación ao longo de 2013. O persoal técnico presentou un informe da memoria de actuacións (con información sobre os proxectos, programas, actividades, accións comunicativas, colaboracións, financiadores…) e outro de resultados do Plan Operativo 2013 do Plan Estratéxico da Federación.

A continuació, para pechar a mañá, celebrouse un obradoiro de ‘Reflexión para a cohesión federativa’, no que David Pereiro, de Algalia Consultores, fixo un símil de FEGADACE cun neno de sete anos (a antigüidade da Federación) para explicar as súas necesidades a nivel político e directivo. Os membros das xuntas directivas reflexionaron sobre as súas prioridades con respecto ás súas asociacións, e tamén en relación coa Federación, para axudar a marcar as pautas de traballo do ano en curso.

Para pechar a xornada de encontro, celebrouse un xantar de convivencia.

Enrique Castro, coordinador de FEGADACE, presenta a Mamoria de 2013.

Enrique Castro, coordinador de FEGADACE, presenta a Memoria de 2013.

Membros das xuntas directivas asisten á presentación.

Membros das xuntas directivas asisten á presentación do informe sobre o Plan Estratéxico.

David Pereiro, de Algalia, durante o obradoiro que impartiu.

David Pereiro, de Algalia, durante o obradoiro que impartiu.

Asistentes ao encontro cubrindo unha enquisa repartida por David Pereiro.

Asistentes ao Econtro cubrindo un cuestionario repartido por David Pereiro.

Documentación repartida no Encontro, encabezada pola Memoria de Actividades 2013.

Documentación repartida no Encontro, encabezada pola Memoria de Actividades 2013.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s