Sanidade vaise aliar con empresas en proxectos de investigación

investigacion

Tratará de comercializar terapias para o ictus e doenzas renais.

Información extraída de La Voz de Galicia.

A Consellería de Sanidade quere potenciar a investigación sanitaria facendo que os profesionais do sistema e as empresas se dean a man. Trátase dunha fórmula ata agora descoñecida en Galicia, que consiste en xerar alianzas entre grupos de investigación e sociedades para que os proxectos de I+D dean o salto desde o laboratorio á práctica clínica e tamén ao mercado. A Dirección Xeral de Saúde Pública seleccionou dez proxectos. Ao longo deste ano, vai buscar socios privados co fin de completalos e xerar un produto comercial ao longo do 2015.

O programa de desenvolvemento precomercial dos resultados de investigación, coñecido polo acrónimo Pris, dispón de en torno a dous millóns de euros. Non busca xerar proxectos novos senón facer que algúns dos xa existentes transcendan o laboratorio e se trasladen á práctica clínica. Sanidade pediu aos profesionais a mediados do ano pasado que propuxesen proxectos que xa tivesen resultados e que presentasen “un potencial de aplicación comercial”, segundo a directora xeral de Saúde Pública, Sonia Martínez Arca. Recibíronse 32 proxectos.

A xestora di que o nivel era bo, pero para poñer en marcha o programa reduciuse a cifra a vinte. Sanidade contratou unha empresa de servizos especializada en biomedicina para que valorase eses proxectos. Co seu informe, deixáronse en dez. Despois deseñouse unha folla de ruta para chegar ao mercado: unha análise da contorna, posibles empresas coas que contactar e, en xeral, propostas co fin de, segundo Sanidade, “valorizar” as investigacións.

Nos próximos meses contratarase unha empresa para cada proxecto. Unha alianza entre o socio comercial e o grupo de investigación. Seguiranse distintas fórmulas, desde a contratación dun servizo concreto ata a posta en marcha de ensaios clínicos, etcétera. Sanidade baralla modelos nos que a propiedade do proxecto é do Sergas e o posible reparto de beneficios é conxunto coa empresa; outros ao revés, outros nos que ambos son copropietarios, outros nos que se fai unha compra… Sexa cal for o elixido, entre ambos socios desenvolverán o proxecto co tope do 2015.

Por razóns de confidencialidade, o Sergas non revela cales son os proxectos, pero si explica que entre eles hai unha nova terapia para o ictus, un fármaco para a rexeneración muscular, un método diagnóstico de enfermidades renais a partir de marcadores xenéticos ou tecnoloxía para producir vacunas contra axentes que xeran infeccións na contorna hospitalaria. A carteira é variada e hai grupos de investigación de todos os grandes hospitais galegos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s