Un estudo estima en 6.509 millóns o custo da dependencia en 2013

Información extraída de Fundación Caser e imaxe recollida de Pixabay.

Imaxe recollida de Pixabay con licenza Creative Commons CC0 1.0.

Información extraída de Fundación Caser.

Os profesores da Universidade de Valladolid Mª Dolores de Prada e Luis M. Borge foron os autores deste estudo que profunda no custo da dependencia en España e na forma na que se veu financiando. Trátase do primeiro estudo que aborda estes aspectos desde unha perspectiva global e cuxo obxectivo é a transparencia das cifras que, desde a posta en marcha da Lei da dependencia en 2007, se viñeron manexando.

Algunha das conclusións do estudo son que o custo total da dependencia en España foi de 6.509 millóns de euros en 2013, o que supón un custo individual medio por beneficiario de 8.695 euros ao ano. Respecto do financiamento, os usuarios financian o 28,7%, mentres que as comunidades autónomas ocúpanse do 16,5%. A Administración Xeral do Estado, a través da fi nanciación directa do nivel minínimo de protección, participa no 17,90 % do custo total. Ademais aporta un 36,8% de financiamento adicional ás Comunidades Autónomas para reforzar o estado do benestar en función de criterios relacionados coa dependencia.

O estudo detalla ademais o custo e o financiamento por servizos e prestacións económicas e conclúe que “a estrutura de servizos e prestacións que teña cada comunidade autónoma vai ser determinante á hora de establecer o custo da dependencia. Dada a gran diversidade entre as mesmas, o custo da dependencia variará notablemente entre as comunidades”.

O informe pódese descargar aquí: Una aproximación al coste de la dependencia en España y su financiación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s