Convenio de Renacer para adquirir produtos tecnolóxicos

Cartel que anuncia o PicnicArt deste sábado.

Cartel que anuncia o PicnicArt deste sábado.

Asina un convenio coa empresa ourensá Primux Tech.
A entidade de dano cerebral adquirido busca fondos nun picnic solidario.

Información extraída de La Región.

A Asociación de Dano Cerebral Adquirido, Renacer, acaba de ser declarada recientemente pola Xunta como entidade de interese público, o que podería ser un pequeno respiro para ela ao supoñer máis facilidades para acceder a axudas e unha serie de vantaxes fiscais. Esta ONG naceu en 2002, e comezou cos programas en 2006. Conta con sete empregados e non atravesa os mellores momentos. “Vivimos de subvencións, cotas e algunhas axudas, pero as cousas cambiaron moito. A desaparición das obras sociais e os recortes da administración afectaron moito á asociación”, sinala Noelia Luque, unha das responsables da asociación.

Esta mañá asinaron un convenio coa empresa ourensá Primux Tech, que supoñerá un 15 por cento de desconto para os preto de 50 socios, á hora de adquirir produtos tecnolóxicos. “Isto é moi importante, xa que as tablets, móbiles ou outras aplicacións similares son vitais para os nosos usuarios. Ben por problemas de fala, de comunicación, de mobilidade ou de memoria, estes produtos, coas alarmas para recordar cousas ou os calendarios, por exemplo, son vitais para os seus quefaceres diarios, porque lles mellora moito a súa calidade de vida”, explica Noelia Luque, da asociación.

Na asociación Renacer ofrécense terapias individuais, rehabilitación, logopedia ou neuropsicoloxía, entre outras actividades, a persoas cuxo dano cerebral non sexa de nacemento, senón froito de situacións como un accidente de tráfico, un tumor cerebral ou un ictus, por exemplo.

Para non baixar na atención aos seus usuarios, a asociación prepara o primeiro Picnic Art para o sábado 17, no Parque Barbaña, entre as 14:00 e as 19:30 horas. “Facémolo con fins recaudatorios para a ONG e tamén para darlle visibilidade, que a xente nos coñeza e saiba que existimos. Haberá música, comida, teatro, danza e a recadación será da venda de bocadillos e bebidas”, explica Noelia.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s