Memoria de Actividades de 2013

memoria

Dentro da súa estratexia xeral de compromiso ético coa transparencia, a Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) fai pública a súa Memoria de Actividades e económica de 2013. No documento repásanse todos os programas, proxectos, campañas e actividades desenvolvidas pola Federación e as súas asociacións (ADACECO, ADACE, Alento, Renacer e Sarela) durante o ano pasado, así como as alianzas establecidas e as contas e balances económicos.

A Memoria comeza coas palabras do presidente de FEGADACE, José Balboa, que presenta o documento, dando paso á radiografía do equipo humano da Federación e as súas asociacións.

A seguir detállanse as alianzas con outras entidades e as xuntanzas con asociacións e institucións e exponse o seguimento do plan estratéxico. O documento continúa co detalle dos programas, proxectos e actividades desenvolvidas en 2013. Céntrase nos programas de rehabilitación e salienta como principal actividade o II Foro de Familias de persoas con dano cerebral. O apartado de comunicación dá conta dos impactos en medios e redes sociais.

A Memoria péchase co agradecemento aos colaboradores e coa información económica do exercicio, coa conta de resultados e o balance de situación.

Pódese descargar aquí: Memoria de Actividades 2013

portada-memoria

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s