Publícase unha guía de recursos para persoas con espasticidade

espasticidade

Poderá descargarse gratuitamente a través da páxina da Asociación Convives con Espasticidad en www.convivirconespasticidad.org.
A publicación, editada en colaboración coa UNED, forma parte da colección ‘Universidad Sin Barreras’.

Información extraída da páxina web de Convives con Espasticidad.

A Asociación Convives con Espasticidad publicou por primeira vez en España unha guía completa que recolle unha gran maioría dos recursos e informacións de utilidade relativas á espasticidade, un trastorno motor do sistema nervioso asociado a discapacidades como a parálise cerebral, lesión medular ou a esclerose múltiple. A publicación, editada en colaboración coa Universidade de Educación a Distancia (UNED), enmárcase dentro da colección ‘Universidad Sin Barreras’ e estará dispoñible na Web da Asociación en www.convivirconespasticidad.org.

A publicación recolle por primeira vez nun manual información de utilidade para persoas con espasticidade, familiares e especialistas. Reúne a un notable elenco de expertos que compilaron e fiaron a escasa e dispersa información existente e reunírona nun proxecto tan ambicioso como nobre con dúas premisas: rigor e proximidade. Un dos obxectivos principais desta innovadora iniciativa é “evitar, polo menos en parte, que a desinformación e o azar poidan limitar a vida das persoas que conviven coa espasticidade”, tal e como sinala a coordinadora da Guía e presidenta de Convives con Espasticidad, Claudia Tecglen.

A ‘Guía para as persoas que conviven coa Espasticidade’ foi elaborada por un equipo multidisciplinar de profesionais do ámbito social, sanitario e educativo de campos como a Neuroloxía, Traballo Social, Fisioterapia, Psicoloxía, etc. Así mesmo, contouse cos testemuños das persoas que viven e conviven todos os días coa espasticidade, protagonistas da realidade que se recolle neste documento. O manual artéllase en 17 epígrafes que recollen aspectos tan dispares como complementarios; desde a perspectiva neurolóxica da espasticidade ata os tratamentos milagre, pasando pola fisioterapia ou os procedementos cirúrxicos, entre outros temas. Trátanse de forma natural asuntos como o sexo, a educación universitaria ou traballo social, sempre recalcando que a discapacidade é unha cuestión de dereitos. Do mesmo xeito, recompílanse as leis que obrigan a que se respecten estes dereitos no ámbito da educación, á vez que se destacan importantes cuestións sobre o emprego, imprescindible para a inclusión na sociedade de calquera persoa con discapacidade.

Este proxecto foi posible grazas ao financiamento de Medtronic e Medtronic Philantropy. Ademais a edición da publicación foi cofinanciada polo Centro de Atención a Universitarios con Discapacidade da UNED (UNIDIS). A colaboración de todos os participantes foi voluntaria e gratuíta. A presentación da ‘Guía para as persoas que conviven coa Espasticidade’ será o próximo 18 de xuño en Madrid no Centro Asociado ‘Escuelas Pías’ da UNED (Rúa Tribulete, 14) a partir das 18:00 horas. Contará coa presenza do Rector da UNED, Alejandro Tiana Ferrer; o presidente do Comité Español de Representantes da Discapacidade (CERMI), Luis Cayo Pérez Bueno; o director de UNIDIS, Juan Antonio Moriano León, e a coordinadora do proxecto e presidenta de Convives con Espasticidad, Claudia Tecglen García.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s