A Convención da ONU non se aplica como lle gustaría á discapacidade

Un intre da presentación do congreso.

Un intre da presentación do congreso.

Información extraída da páxina web do CERMI.

A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade (CIDPD), que entrou en vigor en 2008, non se aplica “como lle gustaría ás persoas con discapacidade e ás súas familias”.

Así o sinalou o presidente da  Fundación Derecho y Discapacidad e presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Luis Cayo Pérez Bueno, quen foi foi o encargado de abrir o acto inaugural do Congreso ‘A Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade – Dos dereitos aos feitos’, que se celebrou a semana pasada en Granada.

Este Congreso foi organizado pola Fundación Dereito e Discapacidade co apoio do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), da Fundación ONCE e do Real Patronato sobre Discapacidade e a colaboración doutros organismos e entidades públicas e privadas, e trata de dar resposta ás cuestións pendentes no ordenamento español de face á súa adaptación aos mandatos da Convención da ONU.

Luis Cayo Pérez Bueno recordou que en España hai máis de catro millóns de persoas con discapacidade e que loitar polos dereitos deste colectivo “é tarefa de todos aínda que, lamentablemente, parte da sociedade aínda non sexa consciente de iso”.

“Malia que a Convención entrou en vigor en 2008, aínda non se puxo en marcha este tratado do modo que lle gustaría ás persoas con discapacidade e ás súas familias”, asegurou, á vez que engadiu que “aínda que se trata dunha norma cun gran potencial, moitos destes dereitos están afastados da vida cotiá do colectivo”.

Desde o seu punto de vista, “debater sobre estes seis anos de práctica da Convención é a finalidade do Congreso”, que reuniu durante dous días a un nutrido grupo de expertos na materia.

Pola súa banda, Lorenzo Del Río Fernández, presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía, destacou o avance no ámbito dos de dereitos das persoas con discapacidade nos últimos 25 anos.

“Estamos ante unha nova realidade legal e xudicial e un dos retos da Convención é facer efectivo o artigo 14: garantir a igualdade ante a lei, que ha de ser o punto de partida de calquera política”, sinalou Del Río.

O presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía tamén afirmou que “o Estado de Benestar pasa por facer efectivos os dereitos das persoas con discapacidade. Pasar, en definitiva, dos dereitos aos feitos”.

A inclusión laboral é un dos temas que se abordaron no marco deste Congreso. A este respecto, Ángel Gijón Díaz, arquitecto e presidente da Cámara de Comercio de Motril, manifestou que “os empresarios teñen o desafío de facer efectiva a inclusión nas empresas e promover o desenvolvemento dos seus traballadores”.

O acto inaugural contou, tamén, coa presenza de Sandra García Martín, delegada do Goberno Andaluz en Granada e Fernando Egea Fernández-Montesinos, concelleiro de Benestar Social, Familia e Igualdade de Oportunidades do Concello de Granada.

Ao finalizar o acto, Rafael de Lorenzo, secretario do Consello Xeral de ONCE, profesor Asociado da UNED e secretario da Fundación Derecho y Discapacidad foi o encargado de ofrecer a conferencia inaugural do Congreso: ‘A Convención, un desafío inaplazable’.

Durante o Congreso, entre outros temas, abordouse a lexislación e as políticas públicas de discapacidade desde a perspectiva da Convención, a figura da incapacitación á luz da Convención, a igualdade das mulleres e nenas con discapacidade como requerimento reforzado da Convención, o emprego de calidade e a inclusión laboral no marco da Convención, a accesibilidade universal como base para os dereitos humanos das persoas con discapacidade, así como as principais vulneracións de dereitos das persoas con discapacidade en España e o acceso á Xustiza das persoas con discapacidade.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s