Xornada sobre os perigos da reforma da ‘Ley de Subvenciones’

Money and plant.

Organizada por EAPN Galicia, CERMI Galicia e Coordinadora Galega de ONGD’s.

Máis do 70% das ONG e entidades sen ánimo de lucro que prestan servizos ás persoas en risco de exclusión e pobreza poderían desaparecer se continúa, nos mesmos termos, a reforma da ‘Ley General de Subvenciones’ que prepara o goberno central.

As tres plataformas de ONG galegas (EAPN Galicia, CERMI Galicia e Coordinadora Galega de ONGD) que representan á práctica totalidade do Terceiro Sector de Acción Social e de Cooperación para o Desenvolvemento de Galicia organizan unha Xornada sobre o Anteproxecto de ‘Ley de Subvenciones’ para analizar a reforma desta normativa ante os riscos e cambios que implican para as entidades sen ánimo de lucro que verán enormemente dificultado o seu labor.

As modificacións que se contemplan no anteproxecto poderían prexudicar seriamente todo o traballo que veñen realizando dende hai anos as organizacións non lucrativas para tentar mellorar a situación de milleiros de persoas en risco de pobreza ou exclusión social. Por este motivo, organízase este encontro que se celebrará o vindeiro 5 de xuño no Centro Social Novacaixagalicia de Santiago de Compostela ás 10:00 horas para poñer en coñecemento das entidades do sector as consecuencias que vai ter a devandita reforma se chega a aprobarse.

Trátase dun encontro aberto no que, a través de exposicións, debates e achegas analizarase o anteproxecto da ‘Ley General de Subvenciones’ en relación á actual Ley 38/2003 e redactarase un documento de conclusións e modificacións cos aspectos máis importantes que xurdan no marco desta xornada.

O Anteproxecto que modifica a ‘Ley General de Subvenciones’ suporía un aumento das trabas administrativas e un alto risco financeiro para as entidades porque os cambios modifican condicións como: o acceso ás subvencións, o cobro dos anticipos, os procesos de xustificación e o réxime sancionador.

No que se refire ao cofinanciamento, o anteproxecto establece un mesmo sistema para todas as entidades, con independencia dos programas que desenvolvan, o que implica que os servizos que se prestan ás persoas en risco de exclusión van ter que ser cofinanciados con outro tipo de fondos privados.

Ademais implica que as propias organizacións van ser as que financien á administración pública no cumprimento das súas obrigas coa cidadanía en situación de vulnerabilidade. De manterse a redacción tal e como está, abriríase a porta, ademais, á entrada do ánimo de lucro na prestación de servizos sociais.

O programa pódese descargar aquí: Programa Xornada Anteproxecto ‘Ley General de Subvenciones’.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s