Novidades da Lei de Tráfico e Seguridade Viaria

trafico

Información e imaxe extraídas da páxina web de FEDACE.

A nova Lei de Tráfico xa leva un mes en vigor e, coa proximidade dos desprazamentos masivos de verán, queremos recordar os principais cambios para manter unha condución segura na estrada segundo a nova normativa.

1. Os nenos non poderán ir nos asentos dianteiros.

Realmente, o texto non prohibe expresamente que os menores vaian no asento do copiloto, máis ben “en función da súa idade ou talla”. Non poderán viaxar no asento dianteiro os menores que midan menos de 1,35 metros; a menos que os asentos de atrás estean ocupados por outros menores.

No caso de incumplir a norma ou non contar co sistema de retención infantil adecuado, os axentes poderán inmobilizar o vehículo e impoñer unha sanción de 200 euros.

2. Probas de alcohol e drogas para peóns.

Tanto se se achan implicados nun accidente coma se cometeron unha infracción, todos os usuarios da vía estarán obrigados a someterse ás probas de detección de alcohol e drogas.

3. Multas por presenza de alcohol e drogas no organismo.

Conducir baixo os efectos das drogas sancionarase entre 500 e 1.000 euros. Realizarase unha proba salival, que detecta o consumo recente, pero quedarán excluídas as sustancias que utilicen baixo prescripción facultativa e con finalidade terapéutica.

En canto ao alcohol, se a taxa é o dobre da permitida (0,5 miligramos por litro de aire respirado ou de 0,30 para noveles e profesionais) a multa aumenta de 500 a 1.000 euros.

4. Uso do casco en ciclistas.

Trala polémica xurdida respecto diso, a lei non cambiará e o casco é só obligatorio en vías interurbanas. En cidade non o será, excepto para os menores de 16 anos, que si deberán levalo sempre. Se un menor circula sen casco a sanción será de 200 euros, que deberán abonar os seus pais ou titores legais.

5. Convivencia con ciclistas.

Para aumentar a seguridade dos usuarios de bicicletas, introducíronse dous cambios: o primeiro, que os ciclistas poderán circular por baixo da velocidade mínima establecida, fixada no 50% do límite máximo da vía; aínda que se mantén que non poden circular por autopistas.

O segundo, que xa estaba recollido no Reglamento de Circulación, ten que ver co adiantamento aos ciclistas. Ao realizar un adiantamento a unha bicicleta, débese gardar unha separación lateral mínima de 1,5 metros, podendo ocupar unha parte ou a totalidade do carril contiguo. Con todo, está prohibido realizar esta manobra se pode poñer en perigo ou entorpecer a marcha dos ciclistas, tanto dos que son adiantados como dos que puidesen vir en sentido contrario.

6. Detectores e inhibidores de radar, non; avisadores, si.

Prohíbese utilizar detectores e inhibidores de radares, cunha multa de 200 euros para os primeiros e ata 6.000 euros para os segundos. O usuario debe revisar se o seu navegador GPS ten algunha destas funcións para desactivalas. Si que están permitidos os avisadores, que ofrecen información sobre a ubicación dos cinemómetros en función de bases de datos.

7. Condutor responsable si atropela a un animal de caza.

Ao circular á beira dun coto de caza, se se atropela a algún dos seus animais a responsabilidade será do condutor, a non ser que o sinistro sexa causado por unha acción de caza colectiva de animais salvaxes maiores que un raposo (caza maior). Se non existe sinalización de animais soltos ou non se reparou o valado de peche en prazo (cando sexa necesario) a responsabilidade recaerá na Administración.

8. Aumento do prazo para pagar as multas con desconto.

O prazo para pagar multas cun 50% de desconto amplíase a 20 días.

Existen máis novidades que se poden consultar nos seguintes artigos da DGT, El País e Cinco Días.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s