Fin de semana de viaxe no Bierzo

Visita ao Museo da Radio de Ponferrada.

Visita ao Museo da Radio de Ponferrada.

FEGADACE organizou a pasada fin de semana unha actividade de respiro familiar que levou a case 30 persoas usuarias de tres das asociacións federadas (Adace-Lugo, ADACECO e Sarela), acompañadas por trece profesionais e persoas voluntarias, de viaxe ao Bierzo.

A excursión saíu o venres a primeira hora da tarde de Lugo, chegando á tardiña a El Bosque de los Sueños, o albergue de destino, na localidade de Cubillos del Sil. As persoas asistentes repartíronse os bungalows, instaláronse e cearon. Algunas aínda tiveron folgos para manter a actividade trala cea, e outras foron directamente a durmir para descansar da viaxe.

A xornada do sábado levou ás persoas asistentes ao respiro de paseo por Ponferrada. Visitaron a zona vella e o Museo da Radio, e retornaron, para o xantar, ao albergue. A tarde pasou de paseo e café preto de El Bosque de los Sueños, e, despois da cea, persoas usuarias de Adace e de Sarela compuxeron dous equipos mixtos que se enfrentaron recoñecendo cancións no ‘Furor’.

A mañá do domingo foi de recollida, maletas e xogos. Os asistentes de ADACECO e de Adace xantaron no albergue, mentres que os de Sarela tiveron un lixeiro picnic antes de emprender a viaxe de retorno, máis longa que a dos compañeiros de Lugo e da Coruña.

O respiro é unha actividade organizada para favorecer, por unha parte, o descanso das familias e, especialmente, das persoas coidadoras principais e, por outra parte, a inclusión e o goce do lecer das persoas con dano cerebral.

Nesta ligazón pódese acceder á crónica e á fotogalería da viaxe publicadas por Sarela: Fin de semana de viaxe no Bierzo.

Na recreación dun estudio no Museo da Radio.

Na recreación dun estudio no Museo da Radio.

Con Luis del Olmo no Museo da Radio.

Con Luis del Olmo no Museo da Radio.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s