Asemblea Xeral de FEDACE

Foto de familia ao final da Asemblea Xeral de FEDACE, sacada por DACE (Asociación Sevillana de DCA).

Foto de familia ao final da Asemblea Xeral de FEDACE, sacada por DACE (Asociación Sevillana de DCA).

Información extraída da páxina web de FEDACE.

O pasado sábado 14 de xuño reuníronse en Madrid os representantes do movemento asociativo de persoas con Dano Cerebral Adquirido e familias para participar na Asemblea Xeral de FEDACE.

Ademais de aprobar a memoria de actividades e as contas do ano 2013, fixáronse as directrices de actuación futura poñendo especial énfase nas actividades orientadas a:

  • Continuar a loita polo recoñecemento do DCA como unha discapacidade específica que necesita unha abordaxe especial para unha valoración axustada e un tratamento acorde ás súas necesidades no espazo sociosanitario.
  • Mellorar o coñecemento sobre o dano cerebral facendo partícipe á sociedade de que o ictus, os traumatismos cranioencefálicos, os tumores cerebrais e outras causas sobrevidas teñen como consecuencia común o DCA; e pódese e débese actuar para mellorar a autonomía persoal e a inclusión social das persoas con DCA e das súas familias.
  • Traballar na extensión e cohesión do movemento asociativo como instrumento ao servizo das persoas con Dano Cerebral Adquirido e as súas familias. Tamén como referencia de liderado na loita polos seus dereitos para facer efectivo o noso lema ‘Unha vida salvada merece ser vivida’.

Na reunión do sábado tamén se produciu a renovación de tres vogalías na Xunta Directiva da federación, para as que a Asemblea elixiu ás asociacións de ATECE – Araba, Sarela – Santiago de Compostela e Camino – Valladolid.

Tras ser aprobada na Asemblea; a memoria de actividades foi publicada na web de FEDACE. Pódese descargar na seguinte ligazón.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s