Guía da espasticidade

espasticidade

A asociación Convivir con Espasticidad e a UNED acaban de publicar unha Guía para las personas que conviven con la espasticidad dentro da colección ‘Universidad sin barreras’. O documento pódese descargar de balde, e desde a asociación que coedita solicitan que se faga sempre desde esta ligazón, co ánimo de contabilizar cantas veces se baixa.

Na web da UNED reseñan a Guía da seguinte maneira:

“Esta Guía ofrece respostas concretas a case todas as preguntas das persoas que conviven coa espasticidade. Examina con rigor a espasticidade desde distintos enfoques: médicos, sociais, educativos e mesmo xurídicos e laborais. Con plena vocación social, está enfocada cara ás persoas e cara a mellora das contornas de convivencia. É un documento de gran utilidade con propostas precisas sobre as inquietudes máis frecuentes. Cun enfoque multidisciplinar, a través da investigación e os seus resultados, propón solucións concretas para unha sociedade inclusiva. A Guía combina a análise dos aspectos cotiáns das persoas con espasticidade coas achegas das investigacións máis avanzadas neste ámbito. A Universidade e o movemento asociativo apoian este traballo que, pola calidade e compromiso dos autores e colaboradores, é un documento de referencia no ámbito da espasticidade.”

A espasticidade é un trastorno motor que provoca que algúns músculos estean permanentemente contraídos, dificultando o movemento da persoa. É unha secuela moi habitual despois dun ictus.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s