Mañá estréase a obra de teatro ‘Sarela en Camiño’

Cartel da obra de teatro.

Cartel da obra de teatro.

A asociación representa a súa última creación coa colaboración especial de María Mera e Rubén Riós.

Información extraída da páxina web de Sarela.

O grupo de teatro de Sarela estrea mañá a súa última creación, ‘Sarela en Camiño’, nunha representación na Sala Mozart do Auditorio de Galicia. ‘Sarela en Camiño’ lévase ensaiando no obradoiro de teatro desde outubro e está protagonizada polas persoas usuarias da asociación. A representación comeza ás 19:30 e conta coa presenza e colaboración especial da madriña de Sarela, María Mera, e do actor Rubén Riós.

O obradoiro de teatro é unha tarefa semanal das persoas usuarias de Sarela grazas á que reforzan as súas capacidades e melloran a súa inclusión social. Traballan aspectos como a memoria e a concentración ao tempo que desenvolven unha actividade lúdica e divertida.

Nesta representación cóntase, ademais, coa colaboración especial da actriz e presentadora María Mera, madriña de Sarela, e do actor Rubén Riós, que darán unha pequena sorpresa ao público asistente.

O prezo da entrada é de 6 euros e o aforo limitado. Sarela dispoñibiliza tamén unha Fila 0 para as persoas que queiran colaborar coa asociación e non poidan asistir ao evento. Está neste número de conta: ES80 2080 5355 60 3040034346.

‘Sarela en Camiño’ é unha creación das profesionais da asociación concibida como unha obra coral e protagonizada por case vinte persoas con dano cerebral adquirido. Narra as peripecias de dous peregrinos que percorren o mundo de camiño a Santiago, atopando con personaxes diversas en diferentes países.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s