De como facer a compra cunha tablet

Nando emprega a súa tablet para facer un pedido nun bar.

Nando emprega a súa tablet para facer un pedido nun bar.

Expresar o estado de ánimo, quedar para tomar algo ou conseguir mercar -de maneira autónoma- unha prenda de roupa da cor preferida son capacidades que Nando está a recuperar grazas a un sistema de pictogramas e unha tablet.

Nando é un usuario da asociación de dano cerebral de Ourense, Renacer, que ten afasia. A afasia é unha das secuelas máis comúns do dano cerebral adquirido (DCA), e un dos principais retos aos que se enfrontan as logopedas á hora de rehabilitar a capacidade comunicativa das persoas con DCA. Consiste na dificultade para a expresión oral, e tamén para a comprensión do discurso falado e escrito.

Nando participa nun proxecto de FEGADACE financiado coa colaboración da Fundación La Caixa que se leva desenvolvendo desde o ano pasado nas cinco asociacións de dano cerebral que fan parte da Federación. ‘Comunícate con TIC’s, sen complexos’ achegou a persoas como Nando ás novas tecnoloxías, facilitándolles a rehabilitación das súas capacidades comunicativas.

Aínda que foi o que máis rápido aprendeu a empregar a tablet e se familiarizou cos pictos (en total son catro os usuarios de Renacer que participan no proxecto), ao principio non se atrevía a levala para a casa. Practicaba o uso da tablet e vocabulario na asociación, coa logopeda, pero os seus problemas de mobilidade impedíanlle ter a confianza suficiente para levar o aparello para a casa.

Unha fin de semana, Nando atreveuse. Levou a tablet e conseguiu ir tomar algo facendo o seu propio pedido e mercar nunha tenda preguntando el mesmo os prezos. Aos poucos, as súas capacidades aumentan. Nando conseguiu facer da tablet un elemento de apoio naturalizado. Leva estudado, xunto coa logopeda, centos de pictos con vocabulario necesario para a súa autonomía persoal: cousas da casa, restaurante, tenda de roupa ou estado de ánimo son algúns campos temáticos sobre os que traballa.

O número de pictos cos que traballa non para de aumentar. De conseguir facer pequenos pedidos nun bar pasou a ser quen de interactuar nunha xuntanza familiar con desenvoltura. A confianza en si mesmo aumenta, e posibilítalle ir creando novas relacións.

Nando leva progresado moitísimo desde que empezou a empregar a tablet, pero non todas as persoas con dano cerebral adquirido melloran da mesma maneira. Algunhas teñen máis dificultades para adaptarse á tecnoloxía, a outras cústalles máis interiorizar o sistema de pictos… Pero todas traballan día a día con cadansúa tablet e co obxectivo de incrementar a súa autonomía a base dun uso práctico da tecnoloxía.

Nando pide un café empregando a súa tablet.

Nando pide un café empregando a súa tablet.

Xuntanza de persoas usuarias de Renacer; empregan a tablet para facilitar a comunicación.

Xuntanza de persoas usuarias de Renacer; empregan a tablet para facilitar a comunicación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s