Operativo especial de tráfico para o verán

Mapa de movementos previstos pola DGT durante o verán.

Mapa de movementos previstos pola DGT durante o verán.

Prevense 79 millóns de desprazamentos de longo percorrido en xullo e agosto.
Incrementarase a vixilancia e as medidas de regulación durante as operacións especiais e todas as fins de semana estivais.

Información extraída da páxina web da DGT.

Xullo e agosto son os meses do ano nos que maior número de desprazamentos se producen por estrada. Por este motivo e para velar pola seguridade e fluidez do tráfico rodado, a Dirección Xeral de Tráfico preparou un dispositivo especial para que os distintos usuarios da vía se despracen con seguridade.

Tráfico prevé que durante os dous meses estivais se produzan 79 millóns de desprazamentos de longo percorrido por estrada, dos cales máis de 38,1 millóns se van producir durante o mes de xullo e ao redor de 40,9 millóns no mes de agosto.

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a saída e regreso das vacacións realízase de xeito escalonado e en periodos máis curtos, facéndoas coincidir en numerosas ocasións cunha fin de semana.

Por este motivo e para atender a ese maior número de persoas que comezan as vacacións en fin de semana, e que optan polo vehículo como medio de transporte, a DGT estableceu dispositivos especiais de regulación e control do tráfico durante todas as fins de semana do periodo estival, intensificándoos durante os primeiros fins de semana de cada mes e dando lugar ás chamadas operacións saída ou regreso.

operacions-especiais

País de tránsito e de turismo

Debido á súa situación xeográfica, España é país de paso para moitos magrebíes residentes en países europeos e que van de vacacións aos seus países de orixe. Para todos estes cidadáns, a Dirección Xeral de Tráfico dispón de áreas de descanso e información situadas en Oiartzun, Horcajo, Valdepeñas, Loja, Villajoyosa e Ribera de Cabanes, e que están dotadas con servizos de información, sanitarios e aseos.

Ademais, España é o lugar elixido por moitos turistas para pasar as súas vacacións e o vehículo, o medio de transporte escollido para chegar e percorrer as distintas rexións españolas.

Por este motivo Tráfico incrementará a vixilancia naquelas vías onde se prevé un maior número de desprazamentos.

O tráfico no verán

O tráfico no verán presenta unhas características diferentes ás que se producen noutra época do ano e que hai que ter en conta:

  • Incremento de desprazamentos de longo percorrido en días laborais e sobre todo durante as fins de semana.
  • Maior tránsito de vehículos en estradas secundarias.
  • Aumento dos desprazamentos nocturnos.
  • Circulación conflictiva en estradas que comunican poboacións do litoral e zonas turísticas de costa coas praias.
  • Maior presenza de ciclistas e peóns na estrada.
  • Maior circulación de vehículos de matrícula estranxeira en estrada.
  • Menor conflictividade nos accesos ás grandes cidades na hora punta de entradas e saída dos lugares de traballo.

Vixilancia especial á velocidade, ao alcol e ás drogas

En paralelo aos dispositivos especiais de regulación e vixilancia do tráfico, a DGT realizará durante os meses de verán dúas campañas intensivas de vixilancia de control da velocidade e do consumo de alcohol e drogas ao volante.

A campaña de control do consumo de alcohol e drogas entre os condutores realizarase entre o 14 e o 20 de xullo e a da velocidade entre o 18 e o 24 de agosto. Nesta última poñerase especial interese á circulación en estradas secundarias, vías onde se producen a maior parte dos accidentes mortais e que son máis transitadas nesta época do ano.

Primeira operación especial

A primeira operación especial do verán comezará o venres 4 de xullo ás 15:00 horas e finalizará ás 24:00 horas do 6 de xullo. Durante estes días prevese que se produzan 3,9 millóns de desprazamentos, entre aqueles que comezan as súas vacacións e os que se desprazan a gozar da fin de semana.

Por este motivo, as principais complicacións pódense atopar o venres á saída das grandes cidades e naquelas estradas que teñen como destino as zonas costeiras e lugares de segunda residencia.

Para minorar as posibles complicacións que se poidan producir, Tráfico instalará carrís adicionais mediante conos, restrinxirá a circulación de vehículos de mercadorías perigosas, transporte especial e camións de masa máxima autorizada de 7.500 kg en determinadas estradas con especial intensidade circulatoria, en días e horas determinadas, medidas todas elas que favorecerán a circulación de vehículos nas vías máis conflictivas.

Ademais, deseñouse unha serie de itinerarios alterativos para aqueles condutores que necesiten desprazarse dunha zona a outra da península e non desexan pasar pola zona centro, que é a área en que maior número de desprazamentos se realizan.

Como é habitual é este tipo de operacións, a DGT pon ao servizo dos distintos usuarios da vía o persoal humano do que dispón:

  • 10.000 axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil que velarán pola seguridade dos cidadáns que se despracen por estrada, auxiliarán aos condutores que o necesiten e vixiarán que se realice unha condución segura e de acordo coas normas de circulación.
  • 600 funcionarios e persoal técnico especializado que atende nos Centros de Xestión de Tráfico.
  • Máis de 13.000 empregados de empresas de conservación e explotación do Ministerio de Fomento e do resto de titulares das vías, así como persoal dos servizos de urxencia.

E agora máis que nunca… lembre

– Revise o seu vehículo. Un bo mantemento do mesmo mellora a seguridade vial.
– Planifique a súa viaxe para evitar imprevistos, con axuda da aplicación gratuita que a DGT que o manterá informado das incidencias que poida haber na súa ruta.
– Realice descansos cada dúas horas, a fatiga e o sono na condución son causa de accidente.
– Respecte a velocidade establecida en cada vía e manteña a distancia de seguridade co vehículo precedente.
– Non inxira alcohol, nin consuma drogas cando vaia conducir. Recorde que os axentes de Tráfico da Garda Civil realizarán controis preventivos de alcohol e drogas.
– Todos os ocupantes do vehículo deben facer uso do cinto de seguridade e en especial os menores que deben ir correctamente suxeitos nos seus sistemas de retención infantil.
– Se vai circular por estradas convencionais:

  • Teña en conta o incremento de bicicletas e peóns durante o verán que transitan por estradas que unen poboacións próximas.
  • Adapte a súa condución ás características destas vías (cambios de rasante, curvas, calzadas estreitas…).
  • Atención aos adiantamentos e á velocidade nestas vías.

– Se é usuario de bicicleta, lembre que, ademais do casco, ten que circular con luces e peza reflectante cando circule pola noite.

No caso dos peóns, se camiña por vías fóra de poboado, recorde que debe facelo pola esquerda e, se é de noite ou en condicións meteorolóxicas ou ambientais que diminúan sensiblemente a visibilidade, deberá ir provisto de chaleco ou outra peza retrorreflectante.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s