Encontro sobre o cooperativismo nos servizos sociais

Cartel do Encontro de Cooperativismo.

Cartel do Encontro de Cooperativismo.

A Consellería de Traballo e Benestar organiza este venres o Encontro ‘Cooperativismo: sostibilidade e innovación social’, centrado nas potencialidades do cooperativismo no eido dos servizos sociais, particularmente nos aspectos referidos á mellora da calidade na prestación dos servizos e a creación de emprego a través de fórmulas de emprendemento colectivo.

A evolución da sociedade actual esixe unha atención preferente á prestación de servizos sociais para atender as necesidades das persoas, desde as máis básicas para a vida diaria ata aquelas outras que nos fan gañar en calidade de vida, benestar e progreso social.

Este encontro organízase para a analizar as posibilidades de emprendemento cooperativo neste ámbito, os seus efectos sobre a calidade na prestación dos servizos e as posibilidades de creación de emprego.

O Encontro está dirixido a cooperativistas, emprendedores, técnicos e responsables da prestación de servizos sociais das administracións local e autonómica e doutras entidades públicas e privadas, así como a calquera persoa interesada en xeral.

En xornada de mañá e tarde, contará con relatorios divulgativos e formativos específicos e con presentación de experiencias exitosas e/ou novidosas de fórmulas cooperativas no eido dos servizos sociais.

Ademais, realizarase unha exposición de póster que recollerá as experiencias cooperativas e cuestións de interese nas prestacións dos servizos sociais.

Para máis información e inscricións pode dirixirse ás seguintes ligazóns: Encontro de Cooperativismo: sostibilidade e innovación social ou Consello Galego de Cooperativas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s