ADACECO estrea ‘Entreterapias’ o 17 de xullo

Cartel da obra de teatro 'Entreterapias'.

Cartel da obra de teatro ‘Entreterapias’.

A Asociación de Dano Cerebral da Coruña (ADACECO) prepara unha Gala Solidaria na que van estrear a última obra do seu grupo de teatro: ‘Entreterapias’. Contan coa colaboración especial do cómico Víctor Grande. Será o xoves, 17 de xullo, desde as 20:30 hh., no Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n – A Coruña).

O grupo de teatro de ADACECO está composto por persoas con dano cerebral adquirido usuarias da asociación, e dirixido por Noemí Miranda. Levan máis de oito anos nas artes escénicas. Adoitan estrear unha obra ao ano, e facer varias representacións.

Este 17 de xullo estrean a súa última creación, ‘Entreterapias’, e contan co apoio do cómico Víctor Grande, que tamén vai actuar.

Os beneficios da Gala Solidaria vanse destinar ao financiamento da Asociación de Dano Cerebral da Coruña, para garantir, entre outras cousas, que se poidan seguir realizando os obradoiros de teatro. O prezo da entrada é de 5 euros, que tamén se poden abonar, no caso de non poder asistir á gala, na seguinte Fila 0: ES 04-0182-1420-18-0101503913

As entradas están á venda no Centro Sociocultural Fundación Novacaixagalicia -de luns a sábado e festivos de 9:00 a 21:00-, na Praza de Ourense -de luns a venres de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30- e en televenda no teléfono 902 504 500 ou na web www.servinova.com. Tamén se poden adquirir no día, no propio Ágora, desde unha hora antes do espectáculo.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s