Aprendendo a falar (e comprender) cunha tablet

Enrique emprega o teclado táctil da súa tablet.

Enrique emprega o teclado táctil da súa tablet.

O uso das tablets na rehabilitación logopédica en Sarela ten dúas orientacións. Por unha banda, serve para incorporar ás persoas con discapacidade ás novas tecnoloxías, facilitándolles o acceso. Ter a habilidade de manexar calquera tecnoloxía implica unha maior potencialidade funcional; tamén no caso das tablets. Por outra banda, as tablets serven, nas persoas con dano cerebral adquirido, para facilitar a comunicación, favorecendo a comprensión e a expresión.

En Sarela hai catro persoas participando no proxecto ‘Comunícate conTICS, sen complexos’, financiado pola Fundación La Caixa. Unha delas ten unha doenza dexenerativa e as outras tres dano cerebral adquirido, causado por ictus en dous dos casos, e por un traumatismo no terceiro.

A tablet cobra en Sarela unha vida social. Emprégase en grupo e serve para facilitar a expresión, e tamén a comprensión. A logopeda da asociación ensaia sobre todo o uso de dous programas. Un deles, Pictodroid Lite, está orientado á afasia; é un sistema que se pode empregar con pictogramas ou imaxe real, xa que a tablet permite a toma de fotografías. Por exemplo, se a persoa con dano cerebral precisa lembrar o seu número de autobús, pode ter un pictograma dese vehículo co díxito correspondente, ou directamente sacar unha fotografía, na rúa, do transporte que precisa. Ademais, pode dispoñer dunha base de datos amplísima de imaxes para empregar a modo de comunicador.

No caso da disartria (problema articulatorio), o uso é diferente. Emprégase o outro software. Mykeybodroid é un teclado adaptado [como o que se ve na imaxe] que permite á persoa usuaria escribir unha palabra, facendo que a propia tablet a lea. Dese xeito é moito máis doado facerse entender.

As melloras na comunicación complétanse con outras funcionalidades, como é o caso de Chus. Trátase dunha persoa xorda que ten a tablet completamente integrada na súa vida diaria. Ademais de para se expresar, en moitas ocasións pide ás persoas que a rodean que lle escriban o que lle queren dicir na súa tablet, para poder ler o que lle din.

Enrique é unha persoa maior que nunca empregara, na súa vida, unha ferramenta informática. Pareceulle moi cómodo escribir na súa tablet e que esta fale por el. As catro persoas usuarias do programa recibiron, como Enrique, unha pequena formación individual para aprenderen a empregar a nova ferramenta. A logopeda de Sarela valora o apoio que representa para o tratamento empregar as tablets. O seu uso completa e reforza os exercicios, ademais de ser “máis divertido e máis visíbel que en papel”. E o programa continúa.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s