O 27,3% da poboación vive en situación de risco de pobreza

Imaxe extraída de Pixabay con licenza Public Domain CC0.

Imaxe extraída de Pixabay con licenza Public Domain CC0.

Baixo o titular ‘No último ano a poboación en risco de pobreza diminuíu ao 20,4%, fronte ao 20,8% do ano anterior’, presentáronse os novos datos da Enquisa de Calidade de Vida (ECV) referente a 2013.

Información extraída da páxina web de Luis Vives CES.

Segundo o informe de EAPN (Rede Europea de Loita contra a Pobreza e a Exclusión Social) ‘Retoque estatístico dos datos de pobreza relativa’, existen dúas distorsións en torno ao titular da Enquisa de Calidade de Vida (ECV). Por unha banda o denominado efecto estatístico, é dicir, a pobreza denomínase “relativa” porque o é con respecto ao nivel da renda media por fogar. En España, a renda media por fogar sufriu unha caída desde 2008, só no último ano a redución foi do 3,5%. Deste xeito, foise modificando o limiar da pobreza, é dicir, canto menos gañemos, menor porcentaxe de “pobreza relativa” existirá.

A segunda distorsión ten que ver co cambio na metodoloxía de cálculo. Co obxectivo de facer máis precisa a cuantificación da renda declarada, compárase cos datos de Facenda e/ou Seguridade Social. Isto provoca que os datos non sexan comparables nin cos da propia Enquisa de Calidade de Vida, nin coas do resto da Unión Europea que non utilizan este criterio. É dicir, existen diferenzas entre os datos da ECV e os datos de Facenda. Por exemplo en 2011, segundo a ECV, a taxa de pobreza declarada era do 27,7%, pero cruzando estes datos cos de Facenda era de 26,7%. O mesmo ocorría en 2012, onde a diferenza tamén era dun punto porcentual.

Os datos que deberían contar

Segundo o Informe de EAPN, á hora de realizar estes estudos e estatísticas deberíanse ter en conta outros dous compoñentes do indicador de Risco de Pobreza e Exclusión Social (AROPE), que é o utilizado na Estratexia Europa 2020 para determinar se o número de persoas pobres en Europa aumenta ou diminúe.

O primeiro deles é a privación material severa, que aumenta de 5,8 a 6,2% entre 2012 e 2013. Datos por exemplo que o 16,9% dos fogares manifeste chegar a fin de mes “con moita dificultade” (un 3,4% máis que o ano anterior). O outro indicador, que mide a baixa intensidade de emprego dos fogares, tamén resulta negativo, afectando ao 16,5% en 2013, con respecto ao 14,3% en 2012. Como resultado destes indicadores, AROPE empeora con respecto ao ano anterior, pasa de 26,7% en 2011, a 27,2% en 2012 e 27,3% en 2013.

Advertisements

2 responses to “O 27,3% da poboación vive en situación de risco de pobreza

  1. Pingback: O 27,3% da poboación vive en situación de risco de pobreza | Abrente incerto·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s