CERMI denuncia a imaxe da discapacidade que ofrecen moitos medios

O presidente do CERMI usou como exemplo o programa Entre Todos.

O presidente do CERMI usou como exemplo o programa Entre Todos.

Información extraída da páxina web do CERMI.

O presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Luis Cayo Pérez Bueno, denunciou a imaxe desaxustada que moitos medios ofrecen das persoas con discapacidade, o que prexudica o seu proceso de inclusión e o exercicio dos seus dereitos.

Aludiu en concreto, a modo de exemplo, aos contidos do programa de Televisión Española (TVE) ‘Entre Todos’, que converten a conmiseración nunha “tómbola pública”.

Fíxoo durante a celebración do curso ‘Xornalismo Social. O Compromiso da Información’, que organiza Servimedia coa colaboración da Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.

O presidente do CERMI referiuse á demanda que a Fiscalía presentou contra o programa ‘Entre Todos’ pola presunta utilización ilexítima da imaxe dun neno con discapacidade nunha das súas emisións.

Asegura que o programa ofreceu “tantos datos que o menor era facilmente identificable” en “unha apelación á conmiseración como unha tómbola pública” algo que, segundo o presidente do CERMI, “criamos superado”, á vez que lamenta que se produza nun medio público que ten leis que o obrigan a dar un tratamento digno e respectuoso á diversidade social.

Así mesmo, considera que “non hai unha vontade deliberada, pero os medios conforman o imaxinario colectivo e expresan a mentalidade colectiva” e neles “a discapacidade aínda nalgúns casos ten un papel de comparsa entre o burlesco e o conmiserativo, trátase dunha imaxe desvalorizada e ás veces desprezada”.

Do mesmo xeito, lamenta que “as persoas con discapacidade aparezan nos medios como heroes ou vítimas, e non se mostre á xente corrente”.

Perante esta situación, aposta por actuar máis aló das queixas, ser innovadores e xerar cambio, á vez que confía en que “desde a discapacidade hai que ser moi proactivos en buscar alternativas de visibilidade social máis aló dos medios, a discapacidade tense que facer atractiva e entrar na lóxica dos medios”.

Para rematar, sinala que debido a que “cada un podemos ser o noso medio a través das redes sociais, son necesarias novas relacións entre as minorías e os medios a través das enormes posibilidades das novas formas de comunicación social”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s