Recomendacións e guías de apoio para o dano cerebral

manuais

Información e imaxe extraídas da páxina web de Sarela.

Sarela conta na súa web cunha sección de recomendacións para as persoas e familias con dano cerebral adquirido. É especialmente importante contar con apoio cando a discapacidade se presenta e cambia toda a vida: a situación laboral, a adaptación ao contorno físico, a maneira de relacionarse… As asociacións de dano cerebral axudan a adaptarse a esta nova situación, ao tempo que proporcionan manuais e guías de apoio que poden facer que esta adaptación sexa máis doada. Son os que se recollen a continuación:

Guías de familias

A Federación Española de Daño Cerebral editou dous manuais destinados á adaptación do contorno social das persoas con dano cerebral. A guía de Orientación para familiares, amigos y cuidadores recolle de maneira escueta e moi clara as necesidades de cada fase do DCA, desde o hospital á casa, ademais de recomendacións para a realización de trámites e xestións.

Máis profunda e detallada é a Guía de Familias, tamén de FEDACE. Preséntase o que é o dano cerebral, o modelo de rehabilitación e as diferentes secuelas que pode presentar unha lesión cerebral, un modelo detallado de volta ao fogar e de inclusión social, así como os contactos das asociacións que, na altura de 2004, compoñían a Federación.

A guía He sufrido un daño cerebral, y ahora ¿qué?, editada polo CEADAC (Centro de Referencia Estatal de Atención Al Daño Cerebral). Presenta de maneira moi gráfica como abordar as actividades básicas da vida diaria, así como outras pautas para o DCA.

Documentación específica
 
O Imserso (Instituto de Mayores y Servicios Sociales) tamén ten elaborado guías xerais e específicas para a abordaxe do dano cerebral adquirido.

En colaboración con FEDACE, elaboraron no ano 2000 unha Guía de Familias, que foi superada e mellorada pola editada en 2004 pola Federación. Desde o Imserso tamén se promoveu a publicación dun documento co Modelo de atención a las personas con daño cerebral, tamén de utilidade para familias, pois inclúe recursos e os diferentes niveis asistenciais.

A nivel máis específico, en 2012 publicouse unha Guía de nutrición para persoas con disfaxia (dificultades para comer e tragar), que se presenta moi habitualmente nas persoas con DCA. No ano 2011 a mesma entidade editou unha  Guía de actividades físico-deportivas, con metodoloxías, obradoiros deportivos, disciplinas adaptadas… Todo pensado para persoas con DCA.

A asociación Convivir con Espasticidad publicou unha Guía para personas que conviven con la espasticidad en colaboración coa UNED. Aporta solucións e adaptacións para diferentes aspectos da vida dunha persoa con espasticidade, algo moi común no dano cerebral.

Dependencia

A Guía de Axudas Sociais a Familias do Ministerio de Sanidade é un documento de grande utilidade para a procura de recursos e axudas económicas. Está actualizado con data de 2014.

Pola súa parte, a Sociedad Española de Geriatría y Gerontología (SEGG) recolle neste documento Las 101 dudas más frecuentes sobre la Ley de Dependencia.

Cadernos FEDACE

Os Cadernos FEDACE son o resultado, plasmado por escrito, dos obradoiros especializados que cada ano organiza a Federación Española de Daño Cerebral con profesionais de todas as asociacións federadas. Xa van 15 cadernos, dedicados a temas como a neuropsicoloxía, o emprego, a sexualidade ou as persoas con Mínima Conciencia.

Para as familias é especialmente interesante o número 9, dedicado a Familias y DCA; de todos modos, os demais números tamén poden ser de utilidade:

Cuaderno FEDACE 1 – Trabajo Social y DCA.
Cuaderno FEDACE 2 – Neuropsicología y DCA.
Cuaderno FEDACE 3 – Terapia Ocupacional y DCA.
Cuaderno FEDACE 4 – Movimiento asociativo del DCA: modelos de organización y gestión.
Cuaderno FEDACE 5 – Logopedia y DCA.
Cuaderno FEDACE 6 – Fisioterapia y DCA.
Cuaderno FEDACE 7 – Daño Cerebral Adquirido Infantil.
Cuaderno FEDACE 8 – Empleo con Apoyo y DCA.
Cuaderno FEDACE 9 – Familias y DCA.
Cuaderno FEDACE 10 – Rehabilitación de las alteraciones conductuales derivadas del DCA.
Cuaderno FEDACE 11 – Sexualidad y DCA.
Cuaderno FEDACE 12 – Actividades Físico – Deportivas y DCA.
Cuaderno FEDACE 13 – Síndrome de Vigilia sin Respuesta y de Mínima Conciencia.
Cuaderno FEDACE 14 – DCA en la familia: la atención a niños y adolescentes.
Cuaderno FEDACE 15 – Diseño de talleres para el desarrollo personal y la inclusión social de las personas con DCA.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s