CERMI formula a Susana Camarero a súa axenda de xénero

A comisión de Muller do CERMI con Susana Camarero.

A comisión de Muller do CERMI con Susana Camarero.

O Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI) formulou o venres a Susana Camarero, secretaria de Estado de Servizos Sociais e Igualdade, a axenda política en materia de xénero e discapacidade.

Información extraída da páxina web do CERMI.

A secretaria de Estado responsable das políticas de igualdade visitou o venres a sé do CERMI Estatal para participar nunha reunión da Comisión da Muller.

O encontro permitiu que as integrantes da Comisión da Muller do CERMI Estatal expuxesen de primeira man á secretaria de Estado os asuntos de traballo prioritario do CERMI en defensa dos dereitos das mulleres e nenas con discapacidade, así como das nais de persoas con discapacidade.

Desde o CERMI formuláronse a Susana Camarero asuntos relacionados coa violencia de xénero, destacando a necesaria atención que precisan as mulleres e nenas con discapacidade vítimas de violencia, especialmente no que incumbe á violencia psicolóxica. Así mesmo, abordáronse outras cuestións de calado, tales como a incapacitación de mulleres con discapacidade intelectual, as dificultades ás que se seguen enfrontando as mulleres con discapacidade á hora de ser nais, a esterilización forzosa e o aborto coercitivo, a atención sociosanitaria, a situación das nais de persoas con discapacidade, a participación política das mulleres con discapacidade nas organizacións do sector, a situación de quen viven no medio rural, a interlocución do sector nos territorios, a Fundación CERMI Mulleres, o programa de mentorado social ou a Rede Estatal de Mulleres con Discapacidade, REDM, entre outros aspectos.

Finalmente, a Presidenta da Comisión da Muller e Comisionada de Xénero do CERMI Estatal fixo entrega á secretaria de Estado dos catro primeiros libros editados na nova colección ‘Xenerosidade, Xénero e Discapacidade’, así como do 2º Manifesto dos dereitos das mulleres e as nenas con discapacidade da Unión Europea, unha ferramenta para activistas e responsables políticos.

Susana Camarero comprometeuse a seguir mantendo a colaboración permanente co CERMI na defensa das mulleres e nenas con discapacidade e das nais de persoas con discapacidade, a través do establecemento dunha folla de ruta para o que queda de lexislatura coas prioridades que marque o propio CERMI. Así mesmo, os encontros coa Comisión da Muller seguirán celebrándose periodicamente.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s