A sanidade é terceiro problema que máis afecta aos españois

búsqueda-de-información

O interese pola información en saúde é maior nas mulleres que nos varóns.

Información e imaxe extraídas de Somos Pacientes.

A sanidade mantense como o terceiro problema que, a nivel individual e a día de hoxe, máis afecta aos españois. Así o mostra o avance de resultados do ‘Barómetro de Xuño’ do Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS), elaborado a partir de 2.485 enquisas e no que se observa que ata un 11,7% dos participantes -fronte a un 11,0% en abril, último barómetro publicado- considera a Sanidade como un dos tres problemas que máis lles afectan a nivel particular -unha resposta unicamente superada polo paro (46,7%) e os problemas de índole económica (27,3%).

Así, os resultados revelan un novo aumento da preocupación da cidadanía pola situación da sanidade. Concretamente, a sanidade preséntase como o quinto problema que máis preocupa aos españois -para un 11,5%, fronte ao 10,4% no mes de decembro-, unicamente superado polo desemprego (76,8%), a corrupción e a fraude (38,8%), os problemas económicos (28,4%) e a clase política (28,0%).

Información sobre saúde e medicina

A importancia que os españois outorgan á Sanidade e á saúde en xeral tamén queda reflectida nas áreas ou temáticas sobre as que os cidadáns buscan información. Así, ata un 46,2% dos españois (un 56,2% de mulleres por un 35,7% de varóns) trata de estar habitualmente informado sobre saúde e medicina, unha área unicamente superada pola economía e o traballo (55,8%) e a política (47,3%).

Con todo, só un 10,3% dos cidadáns afirma que a saúde e a medicina é o tema sobre o que se atopa mellor informado, un aspecto superado pola política (16,9%), a vida de sociedade e sucesos (14,0%), a economía e o traballo (13,8%) e sobre todo, o deporte (20,9%).

Finalmente, e polo que respecta aos temas cos que máis frecuencia tratan os españois cos seus amigos e compañeiros, a saúde e a medicina, cun 6,6%, cae ao quinto lugar, superado pola política (23,9%), a economía e o traballo (19,9%), o deporte (19,8%) e a vida de sociedade e sucesos (13,8%).

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s