Sarela estrea a versión online de ‘Facendo Camiño’

facendocaminho

Información e imaxe extraídas da páxina web de Sarela.

Este é o primeiro Facendo Camiño, o boletín informativo de Sarela, que se envía, tamén, a través de internet. Sarela anima a todas as persoas interesadas nas súas actividades, nas novidades do dano cerebral adquirido e na actualidade das persoas con discapacidade ou en situación de dependencia a subscribírense ao boletín. Tamén a que conviden ás súas amizades e familias a solicitar o envío de Facendo Camiño.

Recibilo no correo electrónico é moi sinxelo: hai que acudir á portada da páxina web de Sarela e cubrir o formulario que aparece na parte superior esquerda, ou enviar un enderezo de e-mail á asociación indicando que se quere recibir o boletín.

O boletín informativo Facendo Camiño acada con esta edición o seu número 15 en papel. Envíase ás persoas socias de Sarela dúas veces ao ano. Agora estrea tamén a súa versión dixital, que arrinca como Facendo Camiño. Boletín online nº 1.

Podedes atopalo aquí: Facendo Camiño. Boletín online nº 1.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s