O 84% das empresas non cumpre a reserva para discapacidade

discapacidade

Información extraída da páxina web de Servimedia.

O xerente do Foro de Contratación Pública Socialmente Responsable, Javier Blanco, asegura que o 84% das empresas de máis de 50 empregados obrigadas a cumprir co 2% de contratación de persoas con discapacidade non cumpren esta porcentaxe, de modo que só o fai o 16%. Nesta liña, comparou a normativa española coa lexislación de referencia en Europa, que ten cotas do 4%, e non ten o límite nas empresas de máis de 50 empregados, senón en máis de 25 empregados.

Así o sinala nunha entrevista publicada no número 132 do xornal ‘cermi.es semanal’, órgano de expresión do Comité Español de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade (Cermi).

Sobre a evolución do Foro de Contratación Pública Socialmente Responsable desde que se creou en 2010, Blanco asegura que o Foro nace co obxectivo de promover as cláusulas sociais na contratación pública, porque a Lei de Contratos do sector Público de 2007 prevía as cláusulas sociais como unha posibilidade, non como algo obrigatorio.

Tamén explica que nada máis nacer incorporáronse ao Foro case 50 empresas, un número que vai en aumento e que agora se sitúa en torno ás 85 empresas, que “adquiren o compromiso de estaren a favor do movemento das cláusulas sociais e de integrar elas mesmas ás persoas con discapacidade de forma directa”. “Non pedimos nin esiximos un certificado nin un cumprimento, é o club das empresas ou entidades que teñen a vontade de incorporar persoas con discapacidade e cláusulas sociais”, subliña.

Un compromiso, sinala, “que as empresas senten, viven como parte dos seus plans, xa que, “están moi comprometidos como empresa e tamén a nivel persoal”. Actualmente, explica, o Foro está a piques de incorporar a novos ministerios. Comezou co de Defensa, na xunta directiva, logo o de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, posteriormente Facenda e Administración Pública, e actualmente estase xestionando a adhesión de dous á vez, o de Fomento e o de Traballo.

O Foro, afirma, “parte de considerar precisamente as cláusulas sociais como un instrumento de política social”, xa que, explica, “realmente as cláusulas sociais están consideradas na propia Constitución como algo fundamental para desenvolver e dar concreción aos dereitos fundamentais das persoas con discapacidade”.

Nesta liña, subliña que “o cabalo de batalla é cambiar a cuestión lexislativa, deixar a un lado outros obstáculos e cambiar a lei de contratos públicos na transposición da directiva que debe realizarse en dous anos e que non deixe lugar a dúbidas na súa interpretación”. E se non se logra, aposta por “facer un acordo de ministros que faga obrigatorias as cláusulas sociais”.

Ademais, explica que no plan nacional de reformas de 2014 está pendente a consideración de dúas das cláusulas sociais obrigatorias, moi directamente relacionadas coa discapacidade: a esixencia do 2% de contratación de persoas con discapacidade nas empresas con máis de 50 empregados, pedindo para iso declaración responsable, e a reserva de contratos a Centros Especiais de Emprego. “Nós queremos que veñan acompañadas por outras cláusulas que tamén son moi eficaces para xerar emprego, ou para a accesibilidade e o deseño universal”, afirma.

Corrente imparable

Segundo Blanco, trátase de “unha corrente imparable”, xa que, afirma, “a lei nas comunidades autónomas, nos concellos, cambiou, está convertendo isto en obrigatorio, xa hai 12 territorios que o fixeron” e verifícase a tendencia”. Neste sentido, asegura que a declaración de cumprimento do 2% de persoas con discapacidade en empresas de máis de 50 empregados só existe no Concello de Barcelona.

Blanco refírese tamén neste punto ás pensións non contributivas e sinala que o problema é que do millón de persoas con discapacidade en idade de traballar só traballan 300.000, e hai en torno a 400.000 persoas que non traballan polas pensións non contributivas. Por iso, insiste en que “esta é outra reforma que teñen que facer e está no plan de reformas de 2014, e é que as pensións non contributivas das persoas con discapacidade deben permitir traballar, ser compatibles”.

Respecto de se existe unha resistencia evidente na Administración central á introdución de cláusulas sociais, Blanco mostra o seu desacordo con que “sempre se fale do lobby das empresas, da CEOE, como resistencias ás cláusulas sociais, porque na CEOE “están moi a favor da responsabilidade social, igual que temos empresas que están moi a favor desta responsabilidade social”.

Na súa opinión, “sen dúbida é falta de vontade política clarísima” e insiste en que “a nivel lexislativo non o aproban, pero a nivel executivo, os políticos están comprometidísimos”, xa que “ao final trátase da concepción dos técnicos, dos avogados do Estado, os administradores civís do Estado”.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s