Descontos en servizos de asistencia para Renacer

renacer

Os equipos de Renacer e Ateular despois da sinatura.

Información extraída de La Voz de Galicia.

As persoas integradas na asociación de dano cerebral adquirido de Ourense, Renacer, dispoñerán durante un ano de tarifas especiais para recibir calquera axuda das que integran a carteira de servizos de Ateular, unha empresa especializada en ofrecer servizos a domicilio para persoas que teñan algún tipo de discapacidade ou limitación na súa autonomía persoal.

Cristina Sotelo Robleda, xerente da firma de asistencia domiciliaria, e María Dolores Quintas Abadín, presidenta de Renacer, asinaron a semana pasada o acordo de colaboración entre ambas entidades, que permitirá ás persoas con dano cerebral, ou aos seus familiares, obter descontos que van desde o 10 ao 25%, dependendo do servizo solicitado.

O acordo inclúe desde servizo de axuda a domicilio en calquera dos tramos horarios que se ofertan, a fisioterapia, podoloxía, estética ou limpeza, así como acompañamento e coidados durante os ingresos hospitalarios.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s