‘Non’ da discapacidade a novos recortes de dereitos

sos-discapacidade

O CERMI emplaza ao Goberno a desmentir calquera intención de menoscabar a protección social.

Comunicado do Comité Estatal de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI).

O CERMI expresou o non rotundo da discapacidade organizada a calquera intención ou propósito do Goberno e as Comunidades Autónomas de recortar ou reducir aínda máis o marco de prestacións sociais e sanitarias. O CERMI advirte que se España reduce aínda máis as súas precarias estruturas de benestar, o colapso social estará servido e a desigualdade e inequidade chegarán a cotas nunca vistas en democracia.

O CERMI espera que estas informacións de introdución de novos copagos e de aplicación de recortes engadidos non respondan á realidade e se trate tan só de especulacións e conxecturas que non van ir máis, pois a sociedade no seu conxunto e particularmente os grupos en situación de maior vulnerabilidade, como as persoas con discapacidade e as súas familias, non poden ver deteriorados bens sociais básicos como a atención sanitaria ou os dispositivos como o sistema para a autonomía e atención á dependencia.

Se é certo o cambio de tendencia económica, como defende o Goberno, compréndese menos aínda que ninguén poida estar pensando ou programando a adopción de novas medidas de austeridade nos ámbitos máis sensibles da sociedade, como son o sistema nacional de saúde ou o de servizos sociais.

Desde o movemento social da discapacidade emprázase ao Goberno a desmentir con urxencia ningún propósito de limitar ou diminuír, con medidas agresivas de aforro, o grado de protección social ou sanitaria da cidadanía.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s