Opina sobre accesibilidade para a Axenda Dixital galega

axendadixital

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a traballar na elaboración da Axenda Dixital de Galicia 2020. Segundo a páxina web do proxecto, “unha Axenda Dixital é unha estratexia tecnolóxica global para que cidadáns, empresas e Administracións perciban os beneficios da tecnoloxía”. Trátase dunha folla de ruta en materia tecnolóxica co horizonte do ano 2020.

A Amtega ten o obxectivo de que esta Axenda Dixital sexa inclusiva e se elabore de maneira participativa, segundo “un modelo de intelixencia colectiva”. Así, abriron un blog no que lanzaron dous desafíos para a participación social. Arrincaron onte e van permanecer abertos ata o día 15 de setembro. Solicitan opinións sobre as seguintes cuestións:

  • A que servizos públicos che gustaría acceder a través da Internet?
  • Que farías en materia de accesibilidade dixital para que todas as persoas poidan facer uso dos servizos públicos dixitais?

O apartado de accesibilidade xa conta con varias propostas que se poden consultar aquí.

Desde a Federación Galega de Dano Cerebral animámosvos a participar, con especial insistencia na segunda cuestión. Garantir a accesibilidade é fundamental para a inclusión social das persoas con dano cerebral -e con discapacidade en xeral-, polo que animamos ao voluntariado, profesionais, familiares, e ás propias persoas con DCA a facer aportacións reclamando as súas necesidades.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s