FEGADACE organiza un curso sobre o sistema BECAD de avaliación

A profesora Micaela Moro, docente no curso de avaliación e valoración mediante a BECAD.

A profesora Micaela Moro, docente no curso de avaliación e valoración mediante as escalas BECAD.

A Federación Galega de Dano Cerebral organiza un curso de formación interna sobre o sistema BECAD de avaliación de capacidades e desempeño. A BECAD (Batería de Evaluación de la Capacidad y el Desarrollo) é unha serie de escalas que serven para avaliar o funcionamento das persoas en diferentes actividades e áreas relevantes da vida diaria. A finalidade destas escalas é establecer pautas para a rehabilitación e a avaliación dos resultados da mesma.

A BECAD está baseada na Clasificación Internacional do Funcionamento, Discapacidade e Saúde (CIF) da Organización Mundial da Saúde (OMS), e responde ao labor de investigación realizado no Departamento de Psicoloxía Básica, Clínica e Psicobioloxía da Facultade de Ciencias da Saúde da Universitat Jaume I de Castelló. A docente no curso que organiza FEGADACE, Micaela Moro Ipola, é especialista en Psicoloxía Clínica, profesora na Universitat Jaume I, directora do grupo de investigación ‘Avaliación e Rehabilitación do Dano Cerebral’ e da empresa Cercle Dany Cerebral (adicada ao asesoramento a equipos de rehabilitación).

Esta actividade formativa está dirixida ao persoal técnico das asociacións galegas de dano cerebral (van participar profesionais de todas as entidades), e ten como obxectivo mellorar as súas capacidades á hora de traballar na avaliación e na rehabilitación das persoas con DCA. Será*:

Data: 11 e 12 de setembro.
Lugar: Aula 2 (2º andar). Casa das Asociacións de Benestar Social (CABES), en Santiago.
Horario:
>O día 11, de 10:00 a 14:30, e de 16:00 a 18:00 hh.
>O día 12, de 10:00 a 14:30 hh.

*Agradécese se as persoas matriculadas poden traer o seu propio portátil ou tablet.

O sistema de avaliación BECAD ten en conta a diferenza entre a capacidade (posibilidade dunha persoa de realizar unha actividade, sen adaptacións, axudas, nin obstáculos) e desempeño (grao no que unha persoa é quen de desenvolver unha actividade; pode depender de limitacións ou restricións e de axudas). A súa aplicación pódese desenvolver nas diferentes áreas de rehabilitación que se traballan nas asociacións galegas de dano cerebral: terapia ocupacional, fisioterapia, logopedia ou psicoloxía e neuropsicoloxía.

Advertisements

One response to “FEGADACE organiza un curso sobre o sistema BECAD de avaliación

  1. Pingback: O curso sobre o sistema BECAD contou con 26 asistentes | FEGADACE·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s