Exposición sobre ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá’

Unha das imaxes da mostra ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá’.

Unha das imaxes da mostra ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá’.

Información extraída da páxina web de Down Galicia.

Ata o vindeiro 20 de setembro poderá visitarse a exposición ‘As persoas con discapacidade na vida cotiá, organizada pola Fundación Grupo Norte e o Instituto Universitario para a Integración na Comunidade coa colaboración de Down Galicia. Componse de 55 fotografías que permiten coñecer e entender a realidade das persoas con discapacidade desde a perspectiva dos seus propios protagonistas, familiares, persoal de apoio e, por suposto, o fotógrafo que realiza a instantánea. A intención consiste en ofrecer imaxes positivas que permitan a reflexión, empatía e identificación co mundo da discapacidade.

A inauguración estivo presidida por Dolores Álvarez, Vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social (USC) e contou tamén coa asistencia de Coro Piñeiro, Secretaria Xeral de Política Social da Consellería de Traballo e Benestar, Mª Jesús Sáinz, senadora e representante do Concello de Santiago, Delmiro Prieto, presidente de Down Galicia, Juan Martínez, presidente de Down Compostela e Javier Ojeda, presidente da Fundación Grupo Norte.

As instantáneas forman parte dunha selección específica realizada para a ocasión entre os mellores traballos presentados ao Concurso Internacional de Fotografía Dixital organizado desde o ano 2003 pola Fundación Grupo Norte e INICO e que recibe anualmente máis dun millar de fotografías procedentes de todo o mundo. Precisamente, ata o 3 de novembro está aberta a edición deste año para participar no Concurso. As bases pódense consultar na páxina web do INICO.

A exposición propón un enfoque ás realidades humanas promovendo a verdadeira integración das persoas con discapacidade desde os ámbitos da superación e normalidade. “Somos testemuñas así do proceso, certamente aínda lento pero inexorable, co que se  abandona o histórico modelo asistencial de atención ás mal chamadas persoas con minusvalía, no que a discapacidade era considerada unha enfermidade invalidante, a un mundo no que cada persoa participa no curso do seu propio destino na defensa dos seus intereses, dereitos e necesidades” resaltou Javier Ojeda, presidente da Fundación Grupo Norte. A accesibilidade, o deseño universal, a discriminación positiva en termos de integración laboral, son ideas forza que foron gañando peso desbancando paradigmas afortunadamente esquecidos.

Pola súa parte, o presidente de Down Compostela, Juan Martínez, sinalou que a exposición amosa  como “os protagonistas destas fotografías fan fincapé nas súas capacidades para formar parte activa da sociedade na que viven, ao igual que calquera de nos”. Martínez destacou a colaboración da USC con esta iniciativa para fomentar a normalización das persoas con discapacidade.

Así mesmo, agradeceu á Fundación Grupo Norte que pensara en Compostela para mostrar por primeira vez en Galicia esta exposición. A mostra, que se poderá ver posteriormente en diferentes capitais galegas, nace do contacto establecido entre a Fundación Grupo Norte e la Federación Down Galicia durante este exercicio 2014 para financiar parte do programa ‘Emprego con apoio  que ten como obxectivo facilitar ás persoas con discapacidade intelectual, especialmente aquelas coa síndrome de Down, a súa incorporación sociolaboral no mercado ordinario garantindo para iso todos os apoios que tanto a persoa, a familia como o empregador necesitan. A Fundación Grupo Norte respalda esta iniciativa con un apoio económico que ascende a 50.000 euros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s