O curso sobre o sistema BECAD contou con 26 asistentes

As persoas asistentes ao curso, nunha das dinámicas de traballo.

As persoas asistentes ao curso, nunha das dinámicas de traballo.

FEGADACE organizou, a semana pasada, unha actividade formativa dirixida aos equipos profesionais das cinco asociacións galegas de dano cerebral. O obxectivo do curso, impartido por Micaela Moro (profesora na Universitat Jaume I e directora da empresa Cercle Dany Cerebral) os días 11 e 12 de setembro, era adquirir formación no sistema BECAD de avaliación do funcionamento das persoas en diferentes áreas e actividades, de cara a mellorar a maneira de programar e administrar a rehabilitación nas asociacións de dano cerebral.

O curso dividiuse en dous módulos, un para cada xornada, que se dividiron en apartados teóricos e prácticos. O primeiro día estivo centrado na Clasificación Internacional do Funcionamento, Discapacidade e Saúde (CIF) da Organización Mundial da Saúde (OMS), que foi exposto pola docente e, a continuación, traballado a través dunha dinámica de grupos polas persoas asistentes, partindo da base dun suposto real.

A segunda xornada, sentadas as bases de coñecemento da CIF, estivo dedicada ao sistema BECAD (Batería de Evaluación de la Capacidad y el Desarrollo), sempre co enfoque práctico de buscar a súa aplicación en casos reais e coa presenza dunha dinámica grupal.

O público, composto por 26 persoas dos equipos de rehabilitación (terapia ocupacional, fisioterapia, logopedia e psicoloxía/neuropsicoloxía) das cinco asociacións membro de FEGADACE, amosou un grande interese pola actividade formativa. Segundo a enquisa de valoración cuberta ao final do curso, o 71,5% das persoas asistentes amosouse, en xeral, satisfeita ou moi satisfeita coa actividade.

Micaela Moro diríxese ás asistentes na primeira xornada.

Micaela Moro diríxese ás asistentes na primeira xornada.

Explicacións da parte práctica no primeiro día do curso.

Explicacións da parte práctica no primeiro día do curso.

Grupos de traballo na sesión formativa do venres, 12 de setembro.

Grupos de traballo na sesión formativa do venres, 12 de setembro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s