Obradoiro de xestión de proxectos de FEDACE

Inicio do obradoiro.

Inicio do obradoiro.

Información extraída da páxina web de FEDACE.

Este fin de semana desenvolverase a segunda sesión do obradoiro FEDACE ‘Planificación e Xestión de Proxectos das asociacións de DCA en tempos de crise’. O taller, que reúne a profesionais das asociacións federadas, trata de ser un espazo no que intercambiar coñecementos e experiencias que poidan ser aproveitadas pola sociedade. Os talleres xeran coñecemento sobre Dano Cerebral Adquirido, que se recolle posteriormente na colección editada pola federación ‘Cadernos FEDACE sobre DCA’.

Tratar a planificación e xestión de proxectos responde á necesidade de mellorar estratexias e de atopar novas formas para conseguir os recursos que fagan posible a atención integral das persoas con DCA e as súas familias. A situación de crise actual lévanos á apertura deste espazo de reflexión no que compartir experiencias innovadoras e fixar as bases estratéxicas que debe cumprir calquera proxecto para asegurar a súa sustentabilidade.

Durante a primeira sesión, realizada en maio, observamos que dentro das boas prácticas identificadas nas asociacións, existen accións que se aliñan directamente coa metodoloxía: análise de contexto, análise de implicados, etc.; o que fai que nas diferentes entidades os proxectos executados se axustan a unhas necesidades reais e sentidas polo colectivo de intervención.

Dos aspectos identificados como necesidade de mellora, destacou claramente a sistematización e organización dos problemas a través dalgunha ferramenta que facilite unha lóxica dentro das súas causas e efectos (árbore de problemas, DAFO, matriz de problemas, …) e que permita establecer obxectivos relacionados cos devanditos problemas e por conseguinte proxectos máis coherentes e axustados á realidade identificada e non suxeitos a improvisación. Outro factor de mellora é o seguimiento e a avaliación dos proxectos, a través da sistematización da recolleita de información.

Na sesión que se desenvolve esta fin de semana, os profesionais profundarán sobre o seguimento e a evolución dos proxectos, traballarán a presentación de proxectos e consensuarán unha ficha básica para a elaboración dun proxecto para Dano Cerebral Adquirido. A sesión pecharase co acordo dunha estrutura para o próximo Caderno FEDACE sobre dano cerebral que recollerá o traballo realizado no obradoiro.

Este taller, que é posible grazas á colaboración de Fundación ONCE e Fundación Gmp, estará coordinado por D. Luis Pemán. Pemán, de ‘Análisis y Desarrollo Social Consultores’, é licenciado en bioloxía, Máster en Medioambiente e Experto en Xestión de ONGs. Ademais de formador no ámbito da planificación; é coautor de diversos manuais de xestión do ciclo do proxecto, entre eles os da Plataforma de ONG de Acción Social.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s