O novo centro de Sarela estrea os seus primeiros mobles

comedor-sarela

Primeiros mobles no comedor do centro.

O traslado da Asociación de Dano Cerebral de Compostela está previsto neste 2014.

Información e imaxes extraídas da páxina web de Sarela.

O camiño de chegada ao novo centro de Sarela vaise acurtando. A construción leva os seus últimos retoques ao tempo que van chegando os primeiros mobles do centro de día que a Asociación de Dano Cerebral de Compostela pensa estrear neste 2014.

O edificio consta de tres alturas das que o centro de día vai ocupar o baixo. Está pintado, as ventás contan con láminas protectoras, que impiden a visión desde fóra e que contribúen á climatización das instalacións, os baños están listos para usar, e os mobles, todos de cor branca, van chegando. Polo momento está instalada a fontanería, algunhas estanterías de obra, as mesas e cadeiras do comedor, e parte do mobiliario de despachos.

Taquillas a disposición das persoas usuarias nunha das salas polivalentes.

Taquillas a disposición das persoas usuarias nunha das salas polivalentes.

Sarela espera anunciar en breve a data do traslado desde o barrio das Cancelas ás novas instalacións no Restollal. A Asociación de Dano Cerebral de Compostela iniciaba en 2011 a construción dun centro de día e ocupacional coa colaboración do Ministerio de Sanidade, a través dos cartos aportados polas persoas contribuíntes que marcaron nas súas declaracións da renda a ‘X Solidaria’.

Sala polivalente.

Sala polivalente.

Nesta ligazón pódese ver a obra antes da chegada dos mobles.

Exterior do centro de día.

Exterior do novo centro de día de Sarela.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s