O neurólogo Miguel Blanco recibirá o II Premio FEGADACE

II Premio FEGADACE

A Federación Galega de Dano Cerebral recoñece o labor do médico, profesor e investigador á fronte da Unidade de Ictus do CHUS.
O galardón váiselle entregar no III Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido.

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) dediciu recoñecer o traballo do neurólogo Miguel Blanco, director da Unidade de Ictus do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS), facéndolle entrega do II Premio FEGADACE. Recibirá o galardón das mans de Clara de Sáa, condutora do programa da Radio Galega Convivir en Igualdade, e receptora do I Premio FEGADACE, no vindeiro Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA), que se celebra o 25 de outubro en Santiago de Compostela.

O dano cerebral adquirido é unha discapacidade que ten como principal causa (no 78% dos casos) o ictus. Con este galardón, FEGADACE quere agradecer a implicación da Unidade de Ictus, única en Galicia, e do seu director en particular, na prestación da mellor atención a pacientes e familiares, así como a eficacia no desenvolvemento do seu traballo ao iniciar a cadea da atención ao DCA salvando as vidas que, trala alta hospitalaria, reciben rehabilitación e apoio nas asociacións membro da Federación Galega de Dano Cerebral.

Miguel Blanco vai recibir o premio no acto de clausura do III Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido, que se celebra o 25 de outubro na Facultade de Psicoloxía da USC, en Santiago de Compostela. FEGADACE fará público en breve o programa do Foro, que amplifica e consolida este encontro anual de familiares. Clara de Sáa vai ser a encargada de entregar o galardón, que recibiu o ano pasado en representación do programa que conduce, Convivir en Igualdade.

O Premio FEGADACE senta as súas raíces na concesión, no I Foro de Familias (2012), de seis recoñecementos a persoas moi significadas no traballo nas súas asociacións. A Federación decidiu estender a fóra do seu círculo asociativo estes recoñecementos, premiando cada ano un axente social implicado na defensa das persoas con discapacidade en xeral, e con dano cerebral adquirido en particular.

O Foro de Familias é o evento que encabeza, en Galicia, a conmemoración do Día do Dano Cerebral Adquirido (26 de outubro). As asociacións de FEGADACE organizan actividades lúdicas e informativas en cadanseu ámbito local de actuación; estas vanse ir anunciando ao longo do mes do dano cerebral.

***
FEGADACE pon a disposición de todos os medios de comunicación interesados en ampliar información ao seu secretario e portavoz, Fidel Castro, así como ao galardonado co II Premio FEGADACE, Miguel Blanco.

***
O dano cerebral adquirido é unha lesión que se produce no cerebro de forma súbita en persoas nacidas sen dano ningún. A súa principal causa é o ictus, seguido dos traumatismos cranioencefálicos (sobre todo por accidentes de tráfico, pero tamén laborais, caídas, golpes…), que provocan diferentes secuelas que constitúen o motivo desta discapacidade.

***
FEGADACE constituíuse en 2007 polas cinco asociacións de dano cerebral que traballan en Galicia: ADACECO na Coruña, ADACE en Lugo, Alento en Vigo, Renacer en Ourense e Sarela en Santiago. O seu obxectivo é contar cunha plataforma común de interlocución, coordinación e divulgación das necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido.

Advertisements

2 responses to “O neurólogo Miguel Blanco recibirá o II Premio FEGADACE

  1. Pingback: V Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido | Renacer·

  2. Pingback: Os dereitos das persoas con DCA protagonizan o III Foro de Familias | FEGADACE·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s