Xornadas de Fisioterapia dedicadas á neurorrehabilitación

cofiga

O Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia dedica as súas XIV Xornadas Galegas de Fisioterapia á Neurorrehabilitación, un proceso asistencial complexo e de carácter multidisciplinar dirixido a previr, minimizar e/ou recuperar na medida posible os déficits funcionaleis aparecidos na persoa con dano cerebral adquirido.

O impacto que tanto a nivel persoal como a nivel familiar, social e de custos de atención sanitaria teñen os trastornos neurolóxicos é inmenso; nunca antes houbo tantas persoas que viven cunha discapacidade de orixe neurolóxica. Só en España estímase que ao redor de 420.000 persoas teñen dano cerebral adquirido, fundamentalmente por ictus e traumatismos.

“Neurorrehabilitación: comprometidos coas capacidades” é o lema das XIV Xornadas Galegas de Fisioterapia do Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia, que se celebrarán os días 8 e 9 de novembro de 2014 no Balneario de Mondariz (Pontevedra) e que contarán coa participación de destacados profesionais sanitarios, do ámbito clínico, académico e comunidade científica, así como pacientes e familiares implicados e/ou afectados por diversas patoloxías neurolóxicas.

Trátase dun encontro científico divulgativo de carácter multidisciplinar co que o Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia propicia a creación dun espazo para o encontro e a convivencia entre a comunidade científica, os diferentes profesionais sanitarios, pacientes e familiares implicados e/ou afectados por patoloxías neurolóxicas, no que poidan mostrar e compartir coñecementos e proxectos innovadores e de investigación.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s