Actividades de Sarela polo Día do Dano Cerebral Adquirido

Cartel coas actividades que organiza Sarela.

Cartel coas actividades que organiza Sarela.

Información e cartel extraídos da páxina web de Sarela.
Unha xornada de portas abertas no novo centro e a presentación do libro El mejor peor momento de mi vida, do xornalista Nacho Mirás, encabezan as actividades coas que Sarela vai celebrar o Día do Dano Cerebral Adquirido (DCA), que se conmemora cada 26 de outubro. Todas as asociacións de dano cerebral aproveitan a data para informar sobre esta discapacidade, visibilizala, e reclamar os dereitos das persoas e familias con DCA.
O 25 de outubro as persoas socias de Sarela asistirán ao III Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido, que organiza FEGADACE. O lema do foro vai ser ‘Os dereitos das persoas con discapacidade no contexto actual’, e nel daranse cita familiares de persoas con DCA das cinco asociacións galegas.
O programa conta con conferencias, mesas redondas, e con grupos de traballo nos que se extraerán conclusións sobre a relación dos seguintes temas co dano cerebral: Testamento vital, Manexo de condutas difíciles, Primeiros auxilios ou Banco de Tempo. Cada participante no Foro de Familias deberá escoller un grupo, no que traballará con membros de outras asociacións para sacar unhas conclusións que se van presentar ao final do foro e que servirán para todo o movemento asociativo.
Precisamente nun deses grupos de traballo, o de Manexo de condutas difíciles, participará como facilitadora a psicóloga/neuropsicóloga de Sarela María Parada. A mesa redonda na que “Persoas con DCA e familiares contan as súas experiencias en cuestión de dereitos” tamén vai ter presenza da asociación de Dano Cerebral de Compostela: Javier Fernández e Luciano Fernández (usuario e pai de usuario de Sarela, respectivamente) van expoñer nela o seu caso.
Recepción no novo centro de Sarela
A actividade central do Día do Dano Cerebral será a xornada de portas abertas coa que Sarela quere presentar ás persoas asociadas, e á cidadanía compostelá en xeral, o centro que está a piques de estrear no Traspaxonal (Rúa de Agustín Sixto Seco, s/n). O centro estará aberto na tarde do luns, 27 de outubro, desde as 16:00. Xunta directiva, profesionais e persoas usuarias ensinarán, a quen se queira achegar, o novo edificio.
Durante a tarde poderase ver, de maneira continua, o Rap da Ilusión: o videoclip dunha canción elaborada en Sarela, con letra e posta en escena das persoas usuarias e profesionais do centro, coa colaboración en música e montaxe de Roi de la Fuente e Jordi Icart, amigos da asociación.
Ao longo da tarde as profesionais responsábeis de Construíndo Futuro informarán ás persoas visitantes da marcha deste proxecto e do ingreso de Sarela na rede española do Pacto Mundial das Nacións Unidas.
A partir das 19:00 o xornalista Nacho Mirás estará no centro para presentar o seu libro El mejor peor momento de mi vida, no que narra a súa experiencia, ao longo do último ano, desde que lle foi diagnosticado un tumor cerebral. Tralo ictus e os traumatismos, os tumores son unha importante causa do dano cerebral adquirido, e moitas das persoas usuarias de Sarela coñecen de preto esta realidade, que poderán debater con Nacho Mirás.
Prevención do ictus no Hospital Clínico
Pechando o ciclo de actividades, persoas usuarias de Sarela, xunto con familiares e profesionais, acudirán ao Hospital Clínico de Santiago para desenvolver a súa campaña de prevención do ictus.
A xornada de prevención coincide coa conmemoración do Día Mundial do Ictus, o 29 de outubro. Estarán na entrada principal do Clínico de 09:30 a 13:00, informando sobre as posibilidades de prevención do ictus, e sobre como identificar os seus síntomas de alarma.
Advertisements

One response to “Actividades de Sarela polo Día do Dano Cerebral Adquirido

  1. Pingback: Prevención no Día Mundial do Ictus | FEGADACE·

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s