“As persoas con discapacidade sempre estivemos en crise”

Acto de apertura do III Foro de Familias

Acto de apertura do III Foro de Familias

Palabras do presidente do CERMI Estatal, Luis Cayo Pérez, na conferencia inaugural do III Foro de Familias que a Federación Galega de Dano Cerebral celebra hoxe en Compostela.
Miguel Blanco, director da Unidade de Ictus do CHUS, recibe esta tarde o II Premio FEGADACE.

“A nosa situación estrutural de risco de exclusión viuse agudizada” pola coxuntura  económica, segundo o presidente do Comité Estatal de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Luis Cayo Pérez Bueno, aínda que “as persoas con discapacidade sempre estivemos en crise”. Na súa conferencia no marco do III Foro de Familias de FEGADACE, o presidente do CERMI reclamou tamén “máis atención” para o dano cerebral adquirido, e sinalou a súa satisfación por ter sido chamado a falar sobre ‘Os dereitos das persoas con discapacidade no contexto actual’, pois “o enfoque de dereitos é o único admisíbel para falar de discapacidade”.

Nunha conferencia centrada en debullar exemplos de como as persoas con discapacidade se enfrentan cada día á desigualdade, denunciou especialmente que a crise se empregue como coartada para non seguir avanzando en dereitos, e que afecte á situación das familias de persoas con discapacidade ata o punto de que as pensións pasen a ser o único sustento económico da familia. Puxo de manifesto unha realidade que salientou como moi habitual hoxe en día: a de persoas que teñen que sacar ao seu familiar con discapacidade de residencias ou outros recursos asistenciais para coidalas na casa, empeorando a calidade da súa atención, para poderen contar con algún ingreso económico ao que de outra maneira non terían acceso.

Luis Cayo Pérez animou a contiuar facendo foros deste tipo, nos que debater e xerar ideas, pois estas son “o motor do cambio social” e chamou ás persoas con dano cerebral e ás súas familias a traballar para empoderarse e a seguir facendo atractivo o seu movemento asociativo para así poder sumar máis membros á loita polos seus dereitos e inclusión.

O III Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral comezaba ás dez da mañá cun acto no que a vicepresidenta de FEGADACE, Luisa Ramírez, estivo acompañada pola Secretaria Xeral de Política Social, Coro Piñeiro, e polo asesor do Valedor do Pobo especializado en discapacidade, Fernando de Andrés. Ambos agradeceron o convite e animaron ao movemento asociativo a continuar traballando polas persoas con dano cerebral. Pola súa parte, a vicepresidenta animou ás asociacións a profundizar nos seus lazos e manterse unidas con ese mesmo obxectivo.

Trala conferencia de Luis Cayo Pérez, as persoas asistentes dividíronse en catro Grupos de Traballo: Testamento vital, Manexo de condutas difíciles, Primeiros auxilios e Banco de tempo. O resultado do traballo presentarase ao conxunto do público nunha sesión de tarde.

Na sesión de tarde o protagonismo pasa aos membros das asociacións. Persoas con dano cerebral adquirido e familiares van contar nunha mesa redonda as súas experiencias en materia de dereitos, aportando as súas diferentes visións ás seguintes problemáticas: educación e independencia, barreiras arquitectónicas e inclusión laboral.

E xusto antes da clausura do Foro de Familias vai ter lugar o momento máis emotivo da xornada, cando a Federación Galega de Dano Cerebral entregue o II Premio FEGADACE a Miguel Blanco, director da Unidade de Ictus do Hospital Clínico Universitario de Santiago. Este galardón serve para recoñecer o traballo de todos os axentes externos ás asociacións que, dunha ou doutra maneira, fai posíbel que continúe o traballo de defensa das persoas con dano cerebral adquirido. Miguel Blanco vai recibir o II Premio FEGADACE das mans de Clara de Sáa, condutora do programa da Radio Galega Convivir en Igualdade e galardonada o ano pasado.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s