Demandas do CERMI Galicia en materia de fiscalidade

Imaxe extraída de Pixabay con licenza CC0.

Imaxe extraída de Pixabay con licenza CC0.

Con motivo da tramitación durante estes meses das Leis de Presupostos e Acompañamento para o ano 2015.

O Comité de Entidades de Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (CERMI Galicia) remitiu ao Goberno autonómico un documento que recolle as propostas e suxestións de mellora en relación coa harmonización da normativa tributaria en materia de persoas con Discapacidade en liña co CERMI Estatal.

Así o fixo chegar ao presidente do Goberno de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; a conselleira de Facenda, Elena Muñoz; a conselleira de Traballo e Benestar Social, Beatriz Mato; e aos voceiros parlamentarios do PP, Pedro Puy; do PSdeG, José Luis Méndez, de AGE, Xosé Manuel Beiras, do BNG, Francisco Jorquera, e do grupo mixto, Carmen Iglesias.

No devandito documento, incídese en que dado o ámbito económico e social actual, caracterizado por unha grave situación económica, non se pode esquecer a necesidade de seguir realizando políticas que vaian dirixidas a beneficiar ao colectivo de persoas con Discapacidade, que han de facer fronte a un elevado sobrecoste que non fai senón minguar a súa capacidade económica, motivo polo cal as Administracións Públicas cumprindo o mandato da Constitución Española, en concreto do seu artigo 49, han de realizar políticas activas co fin de equiparar as condicións de vida duns cidadáns con outros.

E por iso, o CERMI Galicia realiza unha análise dos beneficios fiscais aplicados noutras Comunidades Autónomas en materia de tributación das persoas con Discapacidade, identificando posibles áreas de mellora da Comunidade Autónoma, coa finalidade de favorecer a plena integración das persoas con Discapacidade, paliar os obstáculos e a discriminación que unha Discapacidade leva consigo, incentivar a efectividade do exercicio dos seus dereitos fundamentais e harmonizar a tributación deste colectivo con independencia da Comunidade Autónoma de residencia.

A intención é que estas propostas poidan incorporarse ao Proxecto de Lei de Presupostos da Comunidade Autónoma para 2015, ou na súa Lei de Acompañamento.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s