Plan de seguimento da arritmia para previr o ictus

O equipo médico que presentou o plan.

O equipo médico que presentou o plan.

Na área sanitaria de Santiago están a seguimento máis de 8.000 pacientes con fibrilación auricular.
Un plan asistencial intenta identificar a máis de mil que se estima aínda sen diagnosticar.
Unha iniciativa realizada na Barbanza, de referencia en Europa, ampliarase ás comarcas de Compostela e Deza.

Información extraída de La Voz de Galicia.

Máis de 8.000 pacientes con fibrilación auricular, a arritmia clínica máis frecuente, están a seguimento na área sanitaria de Santiago. Estímase que hai algo máis de mil aínda sen diagnosticar, que representan un 10% do colectivo total de pacientes, segundo os cálculos que se realizan ao aplicar á área de saúde compostelana os resultados de estudos de referencia sobre esta doenza. Identificar aos que aínda non están a tratamento, para que estean tamén a seguimento, é un dos obxectivos do documento Proceso de Fibrilación Auricular presentado onte pola xerencia da área sanitaria. Trátase dun plan asistencial que pretende mellorar a asistencia a esta patoloxía. Baséase na experiencia dun grupo de médicos da comarca da Barbanza, coordinados polo servizo de Cardioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS): esta iniciativa considérase en certos aspectos de referencia pola Sociedade Europea de Cardioloxía, e a súa experiencia neste ámbito vai manterse, e ampliarse ao resto das comarcas compostelanas e ás pontevedresas de Deza e Tabeirós, tamén integradas na área de Santiago.

Estímase que padece fibrilación auricular algo máis do 4% da poboación adulta. Afecta sobre todo a persoas maiores de 80 anos: entre as que teñen de 40 a 50 anos sófrena un 0,5%; pero máis do 17% entre quen son octoxenarios. Nas idades avanzadas adoita afectar a persoas que padecen outros problemas de saúde, como demencias, están encamadas ou a quen lles é difícil desprazarse, de aí o interese en que estean a seguimento.

Catro fases

O plan asistencial presentado onte contempla catro fases: a primeira, o diagnóstico; a segunda, o seu tratamento óptimo, a maioría con anticoagulantes orais, para previr que padezan ictus e outros problemas de saúde, pois teñen maior risco; a terceira, o seguimento de pacientes; e a cuarta, abordar as complicacións que se lles presenten, polas que adoitan ter descompensacións.

Na asistencia a este colectivo de pacientes interveñen, ademais de Cardioloxía, outras especialidades, como Medicina Interna, Hematoloxía e Farmacia; ademais de profesionais de atención primaria, que son quen adoitan diagnosticar este problema e facer o seguimento de pacientes; Urxencias; e persoal de enfermería, que ademais de labores asistenciais participa en labores de educación sanitaria coas persoas afectadas.

O plan asistencial presentárono, no Hospital Clínico, o xerente do área sanitaria, Luis Verde; o xefe de Cardiologoxía, José Ramón González Juanatey; e o cardiólogo Alfonso Varela, que coordinou a súa elaboración.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s