Sarela únese ao Pacto Mundial das Nacións Unidas

pacto-mundial

Información extraída da páxina web de Sarela.

O Pacto Mundial (ou Global Compact) das Nacións Unidas é unha iniciativa que promove implantar na actividade empresarial dez principios éticos relacionados cos dereitos humanos, as normas laborais, o medio ambiente e a loita contra a corrupción.

O Pacto Mundial conta con máis de 10.000 entidades preocupadas pola responsabilidade social empresarial. Hai pemes, grandes empresas, asociacións empresariais, fundacións e entidades do terceiro sector. Sarela incorporouse este ano, presentou o seu vínculo coa entidade dependente da ONU durante as actividades polo Día do Dano Cerebral, e pasa a engrosar a rede do Pacto Mundial en España.

O obxectivo de facer parte do Pacto Mundial é contribuír a estender a conciencia social no entramado empresarial, insistindo na necesidade das prácticas de responsabilidade por parte das corporacións.

Máis en concreto, Sarela pretende dinamizar o proxecto Construíndo Futuro, que reúne ás persoas usuarias máis novas da asociación. En concreto, trátase dun colectivo de persoas novas con dano cerebral que teñen superada a fase da rehabilitación, e que precisan, para continuar o seu proceso de inclusión social, un pequeno apoio para a inserción laboral.

Os Dez Principios do Pacto Mundial

Os Dez Principios do Pacto Mundial están baseados en Declaracións e Convenciones Universais aplicadas en catro áreas:

a) Dereitos Humanos:

Principio 1: As empresas deben apoiar e respectar a protección dos dereitos humanos fundamentais recoñecidos universalmente, dentro do seu ámbito de influencia.

Principio 2: As compañías deben asegurarse de que as súas empresas non son cómplices da vulneración dos dereitos humanos.

b) Estándares Laborais:

Principio 3: As empresas deben apoiar a liberdade de asociación e o recoñecemento efectivo do dereito á negociación colectiva.

Principio 4: As empresas deben apoiar a eliminación de toda forma de traballo forzoso ou realizado baixo coacción.

Principio 5: As empresas deben apoiar a erradicación do traballo infantil.

Principio 6: As empresas deben apoiar a abolición das prácticas de discriminación no emprego e ocupación.

c) Medio Ambiente:

Principio 7: As empresas deberán manter un enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente.

Principio 8: As empresas deben fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental.

Principio 9: As empresas deben favorecer o desenvolvemento e a difusión das tecnoloxías respetuosas co medio ambiente.

d) Anticorrupción:

Principio 10: As empresas deben traballar en contra da corrupción en todas as súas formas, incluídas a extorsión e o suborno.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s