Feiras de Nadal das asociacións de dano cerebral

Mostra dos produtos que vai vender Sarela.

Mostra dos produtos que vai vender Sarela.

As asociacións que compoñen FEGADACE participan, nas datas de Nadal, en diferentes feiras e mercadiños nas que amosan o traballo das súas persoas usuarias nos obradoiros de manualidades e artesanía. Durante o mes de decembro, ADACE, Sarela e Alento ofrecerán ao público os seus produtos en candansúa cidade.

A Asociación de Dano Cerebral de Lugo, ADACE, vai estar os días 16, 17 e 18 de decembro na feira Diversiarte, que organiza o Concello de Lugo. Alí comparte espazo con outras asociacións de persoas con discapacidade da cidade e comarca. Diversiarte está aberto de 11:00 a 20:00 en horario interrumpido, na Praza Anxo Fernández Gómes.

O día 19 de decembro, venres, Sarela (a Asociación de Dano Cerebral de Compostela) organiza a súa XVI Xornada de Sensibilización na Comunidade. Esta xornada serve para amosar e vender o traballo realizado polas persoas usuarias da asociación nos seus obradoiros de manualidades, así como para informar sobre o dano cerebral adquirido e sensibilizar sobre a súa prevención. Será no Centro Comercial Área Central (Barrio das Fontiñas, Santiago de Compostela), de 10:00 a 14:00 horas. Os produtos elaborados por Sarela tamén se poden adquirir a través da súa tenda online.

Por último, a Asociación de Dano Cerebral de Vigo, Alento, ten previsto participar no Mercado Solidario desde o venres, día 19, e ata o luns, 5 de xaneiro. Estará, coas outras entidades que comparten o proxecto de Mercado Solidario (Cogami, Aceesca, Avelaíña, Juan María e San Xerome), no centro comercial Plaza Elíptica de Vigo.

Cartel da feira Diversiarte, na que participa ADACE.

Cartel da feira Diversiarte, na que participa ADACE.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s