Benestar concerta dez prazas de centro de día con Sarela

José Balboa, presidente de Sarela, asina os documentos que lle entrega Rocío García, directora do centro, correspondentes ao contrato de prazas do servizo de atención diúrna terapéutica recén establecido coa Consellería de Traballo e Benestar.

José Balboa, presidente de Sarela, asina os documentos que lle entrega Rocío García, directora do centro, correspondentes ao contrato de prazas.

Súmanse ás doce que conforman o actual centro de día da asociación.

Información e imaxe extraídas da páxina web de Sarela.

O presidente de FEGADACE e da Asociación de Dano Cerebral de Compostela, José Balboa, asinou un contrato coa Consellería de Traballo e Benestar polo que Sarela vai xestionar dez novas prazas de atención a persoas con dano cerebral adquirido en Santiago.

En concreto, o contrato establece que Sarela responsabilízase da “reserva e ocupación de prazas no servizo de atención diúrna terapéutica” a persoas con dano cerebral no concello de Santiago de Compostela.

As dez novas prazas concertadas por Benestar súmanse ás doce que actualmente xestiona Sarela. A ampliación vaise facer efectiva este mes de xaneiro, co traslado da asociación ao novo centro do Traspaxonal, onde poderá dar cabida ás dez persoas que se van incorporar ao centro de día.

As persoas que se beneficien das prazas concertadas pasarán oito horas diarias no centro de atención. Este servizo implica diferentes prestacións similares ás que xa se están a proporcionar en Sarela, como información, orientación, tratamentos, apoio psicolóxico ou inclusión social.

O contrato ten vixencia por case un ano (desde o 12 de xaneiro ao 31 de decembro de 2015) e comprende o servizo de atención diúrna e o de transporte ao centro.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s