ADACE detecta un aumento de lesionados en accidentes en Lugo

Vanesa Mariño, directora de ADACE Lugo.

Vanesa Mariño, directora de ADACE Lugo.

A maioría das persoas afectadas por traumatismos son homes de 19 a 50 anos.

Información e imaxe extraídas de La Voz de Galicia.

A Asociación de Dano Cerebral Adquirido (Adace) detecta un aumento de lesionados en accidentes de tráfico en Lugo. O repunte coincide co aumento da sinistralidade que rexistran as estradas da provincia desde fai algúns meses. A maioría dos afectados son homes de entre 19 e 50 anos, con secuelas diversas que abarcan desde o ámbito físico (mobilidade, paraplexía, hemiplexía…) ao comunicativo (dificultades na fala, trastornos da linguaxe…), pasando polo cognitivo (memoria, concentración, funcións cognitivas), o sensorial ou as alteracións condutuais e emocionais (infantilización, agresividade…).

“A nós os lesionados chégannos aos cinco ou seis meses do accidente, porque inicialmente acostuman a ir a centros de rehabilitación, polo que é cedo para facer un balance, pero é certo que non 2014 entráronnos tres persoas novas con traumatismo cranioencefálico despois de anos de parón”, explica a traballadora social Vanesa Mariño, que dirixe un colectivo que conta con 294 socios. Deles, uns 60 están activos nos servizos que presta a asociación: 20 no centro de día de actividades terapéuticas, e 40 no programa de autonomía persoal e recuperación funcional.

Mariño aclara que tamén se producen traumatismos en caídas e agresións. “Hai xente que supera o dano cerebral e pode levar unha vida normal, integrada social e laboralmente. Unha das cousas que máis nos gusta é dar altas, porque o obxectivo é lograr a autonomía persoal do usuario, aínda que por desgraza moitas veces non é así», resalta a profesional.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s