FEGADACE no boletín Compartir de xaneiro

Imaxe extraída de Pixabay con licenza CC0 Public Domain.

Imaxe extraída de Pixabay con licenza CC0 Public Domain.

O artigo sobre ‘O ictus, ou como eu podería ter dano cerebral adquirido’, publicado por primeira vez en abril do ano pasado, volve agora á actualidade do movemento asociativo do DCA. FEDACE (a Federación Española de Daño Cerebral) recólleo no último número do seu boletín Compartir, correspondente ao mes de xaneiro.

O boletín de xaneiro fai balance de 2014 e reúne os mellores artigos e principais fitos do movemento asociativo do dano cerebral. A noticia de apertura é a incorporación a FEDACE dunha nova asociación: a navarra Hiru Hamabi 3/12. Esta entidade está especializada en familias de menores con DCA e ten algo máis de un ano de vida.

Este exemplar de Compartir recolle información de dúas das asociacións de FEGADACE: Sarela (Compostela), Renacer (Ourense) e Alento (Vigo). O boletín informa da entrada da Asociación de Dano Cerebral de Compostela no Pacto Mundial das Nacións Unidas, co obxectivo de dinamizar o programa ‘Construíndo Futuro’ e favorecer a inserción laboral dos mozos e mozas con DCA da entidade. Renacer consegue un espazo no boletín grazas ao PicnicArt, unha xornada de festa e convivio que a asociación organizou na primavera. E Alento ocupa o Compartir cunha reportaxe sobre o seu programa de atención a persoas con DCA en situación urxente de necesidade, na que narra o caso de Dijbril, un usuario da asociación que é beneficiario dese programa.

‘O ictus, ou como eu podería ter dano cerebral adquirido’ é un artigo no que FEGADACE insiste na sensibilización para a prevención do DCA e expón os recursos que destina a este fin. Compartir é o boletín mensual de información das asociacións de dano cerebral integradas en FEDACE. Con este exemplar acada o seu número 98.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s