FEGADACE comparece na Comisión de Discapacidade do Parlamento

bñaohjal

Fotografía de Albert galiza extraída de Wikipedia con licenza CC-BY-SA-3.0.

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) leva este mércores 28 de xaneiro ao Parlamento de Galicia as reivindicacións das asociacións de persoas con dano cerebral adquirido (DCA) grazas á comparecencia que vai realizar na Comisión non permanente de discapacidade.

O portavoz da federación e secretario da mesma, Fidel Castro, comparece este mércores ás dez da mañá no Parlamento acompañado do presidente de FEGADACE, José Balboa. Realizará unha exposición na que trasladará aos grupos parlamentarios a situación das persoas con DCA, os recursos existentes, e as reivindicacións que as familias e persoas con dano cerebral queren transmitir á sociedade.

A ‘Comisión non permanente para o seguimento das políticas relativas á discapacidade e elaboración de novas propostas a prol da integración das persoas con discapacidade’ leva reuníndose un ano e contou coa participación de diferentes entidades do CERMI Galicia e doutras asociacións e institucións relacionadas co traballo con persoas con discapacidade. Pretende sacar conclusións que guíen as futuras actuacións lexislativas e institucionais en materia de discapacidade.

FEGADACE saúda este convite, grazas ao cal vai poder expoñer aos representantes cidadáns as necesidades do colectivo de persoas con dano cerebral adquirido.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s