O sector da discapacidade, contra un copago “confiscatorio e perverso”

logo-campanha

O presidente do CERMI explica a Iniciativa Lexislativa Popular que impulsa esta entidade para modificar a Lei de Dependencia.

Información extraída da páxina web do CERMI.

O presidente do Comité Español de Representantes de Persoas con Discapacidade (CERMI), Luis Cayo Pérez Bueno, afirma que a Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que esta entidade puxo en marcha para modificar a Lei de Dependencia busca cambiar a regulación do copago, que cualifica de “confiscatorio e perverso”, posto que se o usuario non ten diñeiro para asumir o custo do servizo “vese expulsado do sistema”.

Nunha entrevista que publica a revista ‘Perfiles’ no seu número de febreiro, Pérez Bueno explica os motivos polos que o CERMI formulou esta ILP, que pretende reunir nos próximos meses 500.000 firmas de apoio de cidadáns para presentar no Congreso dos Deputados unha proposición de lei de modificación da Lei de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en Situación de Dependencia. Esta modificación afectaría á participación do usuario no custo das prestacións e servizos das persoas beneficiarias, o que se coñece como copago.

Segundo o presidente do CERMI, “a ILP podería ir sobre moitos aspectos da lei que non nos gustan, pero centrámola no copagamento porque é o punto que máis rexeitamento e máis insatisfaccións está producindo entre os usuarios”.

Pérez Bueno declara a ‘Perfiles’ que o CERMI admitiu o copago cando se tramitou a lei dando mostra de “madurez e de corresponsabilidade”, pero sempre baixo a premisa de que se basease en criterios de equidade e de xustiza e que “nunca supuxese a compra dun dereito”.

“A lei só falaba de copago, pero deixaba o seu regulación en mans do Goberno e das comunidades autónomas, e as distintas formas da súa aplicación xeraron situacións inxustas”, denuncia o presidente do CERMI, quen fala dunha situación de “agravio comparativo entre territorios” con algunhas comunidades autónomas nas que non hai copago e outras no que este alcanza o 90% do custo do servizo. “Onde está esa igualdade de todos os españois con independencia do lugar no que vivan que garante a Constitución?”, pregúntase o máximo responsable das entidades da discapacidade.

“O que queremos”, continúa, “é que na lei se diga cales son as regras do copago. Aceptámolo pero cunhas regras xustas, cun mínimo exento, no que persoas que non alcancen unha determinada capacidade económica non teñan que pagar nada, e cuns criterios iguais para todo o Estado”.

O CERMI formula levar a cabo nos próximos meses unha mobilización importante para transmitir aos cidadáns a importancia de que apoien coa súa sinatura esta Iniciativa Lexislativa Popular.

“A ILP ten uns obxectivos esixentes, require unha mobilización enorme, porque reunir 500.000 firmas non é doado. Pero imos poñer moita paixón e a demostrar que a nosa democracia aínda ten vías para que os cidadáns se expresen”, conclúe Luis Cayo Pérez Bueno.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s